Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

23/01/2024 | 13:17 | C. do Mar

Alfonso Villares reclama ao Goberno central a posta en marcha do PERTE para a cadea mar-industria e a baixada do IVE aos produtos pesqueiros

O conselleiro destacou que ambas medidas son dúas demandas do propio sector que aínda non foron atendidas, sendo fundamentais para a súa transformación e para o estímulo do consumo de peixe e marisco

22/01/2024 | 17:23 | C. do Mar

O conselleiro do Mar reúnese coa confraría de Burela para comprobar a mellora das condicións de traballo dos profesionais

Alfonso Villares achegouse ás cámaras frigoríficas que a entidade vén de equipar cunha carretilla elevadora electrónica de 1.600 quilos de capacidade, no marco do proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros

21/01/2024 | 11:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta retirou das praias galegas 3.500 quilos de pellets e máis de 10.200 quilos doutros plásticos

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 44 areais de 23 concellos mentres que por mar están mobilizados dous helicópteros e un total de sete embarcacións

20/01/2024 | 14:28 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta esixe ao Goberno central que reclame responsabilidades polos danos medioambientais causados polo vertido de pellets

Resalta que é o Executivo estatal o que debe pedir explicacións xa que ten en exclusiva as competencias sobre contaminación mariña

20/01/2024 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta retirou das praias galegas máis de 3.450 quilos de pellets e 9.600 quilos doutros plásticos

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 43 areais de 23 concellos mentres que por mar están mobilizados dous helicópteros e un total de seis embarcacións

19/01/2024 | 16:40 | C. do Mar

O sector marítimo-pesqueiro promove por unanimidade un manifesto en defensa da calidade dos produtos do mar e contra os bulos pola vertedura dos pellets

Os profesionais da pesca e da acuicultura condenan que se equipare a actual situación con traxedias contaminantes do pasado ou que se usen fotos falseadas de sinistros doutras zonas do mundo, pois danan a imaxe e o medio de vida

18/01/2024 | 16:33 | C. do Mar

Máis dun cento de empresas da transformación e venda de produtos do mar se benefician das axudas da Xunta para compensar sobrecustos pola guerra de Ucraína

O esencial segmento industrial da actividade marítimo-pesqueira de Galicia dispuxo dun apoio autonómico que non se habilitou por parte do Estado