Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

10/05/2024 | 18:29 | C. do Mar

Alfonso Villares cualifica de “falta de respecto” a negativa do Estado a declarar como zona catastrófica os bancos marisqueiros das rías galegas

O titular de Mar amosa a súa sorpresa pola resposta e denuncia co Executivo estatal responda máis de 5 meses despois a través dunha nota de prensa sinalando que nin tramitaron a solicitude realizada polo Goberno autonómico

09/05/2024 | 10:02 | C. do Mar

Dez portos de titularidade autonómica consiguen o distintivo bandeira azul 2024

ADEAC, entidade promotora dos galardóns, distinguiu nesta edición ao Real Club Náutico de Ribadeo, Club Náutico de Sada, Sadamar, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Portonovo, Monte Real Club de Iates de Baiona, Real Club Náutico Rodeira de Cangas, Nauta Sanxenxo, Real Club Náutico de Sanxenxo e Porto Deportivo Pedras Negras

08/05/2024 | 19:12 | C. do Mar

Villares defende a revisión da política pesqueira común como prioridade na axenda europea co fin de garantir o futuro do sector

O titular de Mar fixo un chamamento “á reflexión conxunta”, pois a convocatoria de eleccións europeas “tenos que levar a repensar Europa desde unha Galicia unida”