Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 748 novas da C. do Mar:

19/07/2024 | 17:40 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor a traxectoria da organizacion de palangreiros guardeses en favor da actividade pesqueira de Galicia

O responsable autonómico destacou que esta entidade representa á maior frota de Europa no seu segmento especializada na pesca de peixe espada e afíns agrupando a 74 buques

18/07/2024 | 18:42 | C. do Mar

A Xunta reitera nun novo encontro o seu apoio aos mariscadores da ría do Burgo e lamenta a ausencia de representantes do Goberno central

A Conselleria do Mar está á espera de recibir o informe da asistencia técnica da confraría sobre o estado dos bancos unha vez que finalizaron os traballos de dragaxe o pasado mes de maio

18/07/2024 | 15:54 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o esforzo inversor da consellería do Mar en Malpica, onde se levan investidos dende 2009 preto de 9 millóns de euros

O responsable autonómico adianta que os estudos para a mellora do peirao están a piques de rematarse; o que suporá dar solución ao problema que ocasionan as elevadas correntes na comporta interior 

17/07/2024 | 16:55 | C. do Mar

Villares destaca que as dúas ordes de axudas aos GALP posibilitarán mobilizar ata 2026 37,9 M€ para o impulso da actividade pesqueira

Estas achegas permitiron xa a execución de 64 proxectos por valor de máis de 8 millóns de euros e os proxectos presentados en 2024 están acadando a súa resolución

15/07/2024 | 18:39 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Viveiro valoran alternativas para mellorar a mobilidade no municipio

O delegado de Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa, María Loureiro, para avanzar nesta iniciativa

15/07/2024 | 18:25 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

A Xunta apoia o desenvolvemento da eólica mariña como unha oportunidade para impulsar a cadea de valor do sector en Galicia

Na reunión ratificouse, unha vez máis, o compromiso da Xunta por promover o diálogo e a colaboración entre o sector industrial e o marítimo-pesqueiro como marco para a planificación da eólica mariña en Galicia