Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

05/06/2023 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abriu o prazo de solicitude das axudas para mercar bicicletas eléctricas e de pedaleo asistido para cadeiras de rodas

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explica que os incentivos poden oscilar entre os 500 e os 700 euros en función da situación dos beneficiarios e as características do equipamento adquirido

04/06/2023 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana novos traballos de acondicionamento e roza nas marxes de 2 estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa e de Verín

Na provincia da Coruña, as novas tarefas desenvolveranse na estrada AC-840 no concello de Boimorto

04/06/2023 | 10:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais de Gondomar

Os traballos, adxudicados por 40.000 €, inclúen a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo

04/06/2023 | 09:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao Rego Taboeiros, no concello de Ribadumia

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais

03/06/2023 | 11:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación industrial do concello de Bueu

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control

03/06/2023 | 10:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar a mellora do firme na PO-400 ao paso polos concellos de Arbo, As Neves e Crecente, que suporá un investimento de preto de 3,3 M€

Os traballos, cun prazo de execución de 9 meses, incluirán a rehabilitación da capa de rodaxe, o acondicionamento de interseccións ou a mellora da drenaxe

03/06/2023 | 09:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Este luns comezará a funcionar a nova liña de autobús da Xunta entre Vigo, O Porriño e os polígonos industriais da Granxa e das Gándaras

O novo servizo dará resposta ás necesidades de mobilidade daquelas persoas que se despracen por motivos laborais cara a estes parques empresariais

02/06/2023 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 1,9 M€ as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas na provincia de Lugo

As actuacións comezarán a finais de xuño ou comezos de xullo e desenvolveranse ao longo de 6 meses que teñen de prazo para a súa execución

02/06/2023 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 2,3 M€ as obras de mellora do firme en tres estradas autonómicas na área da Coruña

Os traballos comezarán na primeira quincena do mes de xullo e teñen un prazo de execución de 6 meses

02/06/2023 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as actuacións de illamento acústico na zona de decantación da depuradora dos Praceres

Os traballos, cun investimento de 36.000 €, consistiron na implantación de medidas para evitar novos focos de ruído na contorna das instalacións hidráulicas