Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

22/07/2023 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita servizos de autobús especiais para as festas da Gándara, en Narón, e do Cochiño, en Cerceda

Para as festas da Gándara activaranse servizos entre a praza de España de Ferrol e Xuvia, en Narón, do 25 ao 28 de xullo

21/07/2023 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta declara a prealerta por escaseza moderada de auga nas bacías do río Mero e do río Anllóns, na zona norte da Coruña e no subsistema de Baiona

Os encoros de Cecebre e de Baiona presentan niveis de ocupación inferiores aos da media e no caso do río Anllóns advírtese unha baixada do caudal

21/07/2023 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta encomenda a Seaga as obras de mellora do saneamento e abastecemento de Laza, que se iniciarán en agosto cun investimento de máis de 167.000 euros

Vázquez Mourelle salienta que o obxectivo é dotar aos veciños de Laza de servizos municipais da auga máis eficientes, coa mellora e renovación da rede de abastecemento e coa dotación de rede de saneamento separativa na rúa Barrio

20/07/2023 | 18:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa servizos de autobús especiais para as festas do Burgo e de Mera

Para o regreso á Coruña desde o Burgo, habilitaranse servizos nas madrugadas do 22 ao 27 de xullo con saída cada hora, das 02,00 ás 05,00 horas

20/07/2023 | 16:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,5 M€ as obras para a execución do treito do eixe de mobilidade sostible da cidade de Ourense, desde Os Remedios ata Expourense

A previsión é iniciar a obra no paseo do Barbaña no último trimestre deste ano, co obxectivo de rematala a finais de 2024

19/07/2023 | 16:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca aos concellos da área de Pontevedra a unha reunión para abordar a creación dun ente supramunicipal de abastecemento de agua

A xuntanza dará continuidade á celebrada en xullo do pasado ano, na que o Executivo autonómico xa advertiu do deber de constituír unha entidade supramunicipal de xestión do sistema de abastecemento, en cumprimento da Lei de Augas

19/07/2023 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa a COGAMI dos incentivos autonómicos para mercar bicicletas de man, híbridas ou eléctricas, para cadeiras de rodas no marco do programa EBici

Ethel Vázquez anima ás persoas con mobilidade reducida a que soliciten esta axuda, que acada os 700 euros, ao subvencionar ata o 70% do custo da bicicleta de man

19/07/2023 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilita unha liña de autobús para facilitar o acceso ao Atlantic Fest os vindeiros 21, 22 e 23 de xullo

Prestará servizo desde a estación de Vilagarcía de Arousa ata a zona de acampada do evento, no lugar do Campanario

18/07/2023 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da 2ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, no concello de Vigo, que suporán un investimento de 4,1 M€

Trátase de actuar nos 1,56 km da PO-323, desde o límite do termo municipal de Vigo co de Redondela ata o IES de Teis, completando a remodelación deste eixe vertebrador coas obras en execución da 1ª fase entre a avenida da Mariña Española ao instituto

18/07/2023 | 11:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,1 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas da provincia de Ourense ao seu paso por 17 concellos

Actuarase nunha lonxitude de máis de 120 km de vías autonómicas con actuacións puntuais nas estradas OU-193 e OU-801 en Cortegada, na OU-536 ao seu paso por Xunqueira de Espadanedo e demais concellos da traza, na OU-412 e na OU-101