Actualidade
Buscador de novas
A Xunta comeza as obras do aparcadoiro disuasorio na estrada PO-551 en Domaio, no concello de Moaña, cun investimento de máis de 877.000 €
Habilitarase un aparcadoiro de 75 prazas nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do existente na marxe dereita desta vía, no punto quilométrico 33+250
A Xunta licita a redacción do proxecto da 2ª fase do acondicionamento da estrada LU-651 entre Folgoso do Courel e Seoane
O obxectivo é darlle continuidade ás obras en execución nesta vía autonómica, actuando entre os puntos 21+600 e 29+750 cun orzamento de máis de 6M€
A Xunta inicia as obras de mellora do firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, que suporán un investimento de máis de 1 M€
As obras realizaranse nas estradas OU-206, OU-212, OU-901 e OU-902, nos concellos do Carballiño, Avión, Carballeda de Avia, Leiro, Beade, San Cristovo de Cea e Vilamarín
A Xunta publica a aprobación do proxecto de mellora de 65 paradas de autobús en 10 concellos da contorna da Coruña e de Santiago
As melloras levaranse a cabo no ámbito das rutas de acceso polo norte á cidade da Coruña nun total de 9 estradas autonómicas ao paso polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral, Curtis, Oza-Cesuras, Boimorto, Melide, Mesía e Ordes
A Xunta publica no DOG a encomenda a TRAGSA da mellora da estación depuradora de augas residuais de Noia, que suporá un investimento de máis de 2,3 M€
Intervirase na depuradora co fin de resolver as deficiencias de funcionamento e de capacidade desta instalación municipal e mellorar o saneamento da ría de Noia
A Xunta adapta os horarios dos servizos de autobús entre O Grove e Pontevedra á demanda rexistrada na tempada de verán desde este luns 7 de agosto
As modificacións supoñen un axuste nos tempos de paso das paradas das liñas O Grove- Pontevedra e O Grove-Portonovo-Pontevedra
A Xunta reactiva a partir deste mércores os servizos de autobús ás piscinas de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar
A liña A Valenzá – Monterrei (Piscinas) estará operativa desde o 9 de agosto ata o 10 de setembro, disporá de 3 expedicións de ida e 3 de volta, tanto en días laborables como nas fins de semana
A Xunta declara a seca prolongada nas concas da ría da Coruña e de Betanzos e nos sistemas de abastecemento de Ferrolterra e da Mariña
Actívase a situación de seca prolongada en 9 dos 19 sistemas de explotación da bacía de competencia autonómica, abranguendo desde a conca do río Mero a Ferrol e desde a do río Mera á ría de Ribadeo
A Xunta comeza hoxe as obras de mellora do firme na variante de Vilagarcía de Arousa
A actuación forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe en 5 estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Salnés e de Pontevedra, cun investimento de máis de 2M€
A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-124, no Concello de Riotorto
Tamén se iniciarán labores de axardinamento na glorieta da OU-536, no Pereiro de Aguiar; e proseguirán as tarefas de roza e limpeza na OU-801, ao seu paso polos municipios de Padrenda e de Ribadavia