Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por preto de 27,2 M€ as obras do primeiro treito da prolongación da autovía AG-59 entre a Ramallosa e a estrada AC-241
O contrato prevé asinarse a mediados de setembro co fin de comezar as obras na primeira quincena de outubro
A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño
Tamén se reanudarán os traballos nas marxes da estrada LU-540, no tramo entre Viveiro e Cabreiros; e avanzarán as actuacións na LU-124 en Mondoñedo
A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos
O día 15 de agosto habilitaranse servizos de ida dende Entrexardíns ás 23,00 e Betanzos ás 22,30 e 23,30 horas
A Xunta formaliza o contrato para executar as obras da nova senda entre Os Remedios e Expourense, na cidade de Ourense
A previsión é iniciar esta obra no paseo do Barbaña no último trimestre deste ano, co obxectivo de rematala a finais de 2024
A Xunta concede 50 axudas para a mellora do servizo e da calidade da auga das traídas veciñais, cun investimento de máis de 570.000 euros
O obxectivo é contribuír á mellora do estado das instalacións de captación, potabilización e almacenamento nas traídas de comunidades de usuarios
A Xunta adxudica as obras de mellora das instalacións de abastecemento municipal do concello de Sober
Este contrato, adxudicado por preto de 40.000 €, ten como obxectivo intervir no sistema de abastecemento para mellorar o control e o funcionamento do servizo
A Xunta adxudica por máis de 1,5 M€ o desenvolvemento da actualización do censo de industrias con autorización de vertedura e a realización de auditorías nas redes de saneamento e en depuradoras
Este contrato permitirá dispoñer a Augas de Galicia de apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos
A Xunta comeza as obras de saneamento do río Lameira de Marín, que contribuirán á mellora da calidade das augas da ría de Pontevedra e suporán un investimento de 3,3 millóns de euros
A intervención está a comezar por traballos de roza, a retirada de residuos ou movementos de terras, co fin de acondicionar o terreo para poder executar as obras
A Xunta licita a redacción do proxecto da VAC Tui-A Guarda, no treito entre o enlace de Areas e a estrada PO-350
O obxectivo é darlle continuidade ás obras en execución, actualmente no tramo de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55
A Xunta remata as obras de mellora do acceso desde a estrada AC-240 aos núcleos de Oca de Arriba e Oca de Abaixo, no concello de Touro
A intervención, cun investimento de máis de 48.000€, reforza a seguridade no acceso a estes núcleos desde a marxe esquerda da vía, á altura da Maroxa, cun importante tránsito de maquinaria agrícola