Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Fundación RIA desenvolven hoxe e mañá actos de participación cidadá sobre a estrada AC-305 ao paso por Escarabote, en Boiro, e Coroso, en Ribeira
O encontro en Escarabote celébrase hoxe, de 11 a 13:30 horas, no Centro Social; e en Coroso, terá lugar mañá, na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira, no mesmo horario
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora de seguridade da estrada AC-424 no Couto, en Ponteceso
O obxectivo do contrato, adxudicado por máis de 18.000 €, é reforzar a seguridade na intersección do punto quilométrico 1+310 da AC-424, que presenta problemas de visibilidade
O transporte público da Xunta rexistra máis de 18 millóns de usuarios no primeiro semestre do ano, un 17 % máis que no mesmo período de 2022
Os autobuses de titularidade autonómica atenderon a máis de 3 millóns de usuarios entre xaneiro e xuño, fronte aos 2,58 de media mensual na primeira metade de 2022
A Xunta habilita servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos á festa do Naseiro, en Viveiro, do 25 ao 30 de agosto
Desde o vindeiro venres disporanse liñas con frecuencias horarias durante a celebración da festa, tanto para a ida como para a volta
A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas 4 provincias de Galicia
Na provincia da Coruña, avanzan as actuacións en marcha na autovía AG-64, nos concellos de Narón e San Sadurniño
A Xunta licita a execución do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de máis de 6 M€
O Goberno galego prevé comezar as obras a principios do 2024 e poñer en marcha o novo centro en 2025, xa que os traballos teñen un prazo de 20 meses
A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras da torre polivalente do novo hospital público da Coruña, que suporán un investimento de máis de 35 millóns de euros
O obxectivo é comezar este ano as obras, que terán un prazo de execución de 18 meses
A Xunta activa o 19 e 20 de agosto servizos especiais de autobús para facilitar os desprazamentos ao entroido de verán de Redondela
Habilitaranse servizos de ida dende Vigo, O Porriño e a estación de autobuses de Pontevedra os días 19 e 20 de agosto
A Xunta activa servizos especiais de autobús durante as festas de Santa Cruz, en Oleiros
Os días 19, 20, 22 e 23 de agosto haberá unha liña dende Gasolineira Santa Cruz ata Entrexardíns, con saída ás 3,30 horas da madrugada
A Xunta adxudica por preto de 9,7M€ as obras de ampliación e mellora do funcionamento da estación depuradora de augas residuais de Sada
O obxectivo é dotar á instalación municipal de capacidade para tratar os volumes de auga almacenados na rede, minimizar os problemas actuais de vertido en tempo de choiva e depurar todas as augas residuais xeradas no municipio nun escenario futuro