Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca en setembro e decembro os titulares dos terreos necesarios para executar a senda entre a estación intermodal de Santiago e San Caetano, cun investimento de preto de 2,4 M€
O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 21 e 22 de setembro, das 10 ás 12 horas, nas salas de xuntas D e E do edificio administrativo da Xunta e a formalización das mesmas celebrarase o 18 e 19 de decembro
A Xunta amplía en máis de 9 M€ o crédito das axudas para a transformación das frotas de vehículos de transporte por estrada
Con esta ampliación de orzamento, a Xunta sumará un investimento de 29,4 M€ mobilizado nestas axudas
A Xunta adxudica por máis de 1 millón de euros a execución das obras do aparcadoiro disuasorio na avenida de Breogán de Lugo
A actuación, cun prazo de 10 meses, centrarase na dotación dun aparcadoiro nunha zona estratéxica entre as estradas nacionais N-VI e N-540, próxima ao Barrio da Residencia
A Xunta adxudica por máis de 570.000 € a execución das obras do aparcadoiro disuasorio na zona de Ameal, en Marín
A intervención, cun prazo de 5 meses, consiste na construcción dun aparcadoiro nas inmediacións da Variante de Marín (VG-4.4) e da vía provincial EP-1202
A Xunta comeza as obras da nova rotonda na intersección da estrada OU-540 coa autovía A-52, no concello de Barbadás, cun investimento de 485.000 €
As actuacións, cun prazo de 4 meses, teñen como obxectivo a transformación da actual intersección no quilómetro 4+200 da OU-540, nunha glorieta
A Xunta finalizará a mediados de setembro as obras de execución da nova senda entre Peteiro e O Baño, no concello de Mugardos
A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos que permitirán habilitar un itinerario de case 600 metros pola marxe dereita da AC-131, desde o final das beirarrúas actuais ata a vía urbana de acceso ao Baño
A Xunta activa a prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Grande, en Camariñas
A Oficina Técnica da Seca acorda manter tamén a situación de prealerta ou escaseza moderada nos sistemas do río Anllóns, río Mero, Arteixo e ría da Coruña
A Xunta reforzará as frecuencias de autobús durante as festas de Ferrol con 2 servizos nas madrugadas dos días 26, 27 e 30 de agosto e do 1 de setembro
Habilitaranse 2 servizos especiais desde a praza de Galicia ata Freixeiro ás 00,30 e 1,30 horas
A Xunta licita as obras da senda cara ao Hospital Clínico Universitario de Santiago desde o novo itinerario o Milladoiro-Intermodal, cun investimento de preto de 1 millón de euros
Executarase un itinerario de 1.130 metros no eixe Conxo-Hospital Clínico, entre o antigo túnel de Adif e o barrio de Santa Marta, unindo numerosos puntos de interese
A Xunta remata as obras de eliminación dun tramo de concentración de accidentes na estrada PO-403 en Ponteareas, cun investimento de máis de 575.000€
Actuouse nun treito de 1,6 quilómetros, entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, mellorando as interseccións para facilitar movementos con maior visibilidade