Actualidade
Buscador de novas
A Xunta remata a nova parada de autobús intermodal do Carballiño logo dun investimento de preto de 170.000 €
Trátase dunha parada para as liñas de autobús interurbano de uso regular situada na explanada da estación de ferrocarril, na avenida O Vinte e Cinco de Xullo
A avenida Rodríguez de Viguri de Santiago abrirase ao tráfico este luns, continuando os traballos de reurbanización
Restituirase a circulación desde primeira hora da mañá e continuarase cos traballos co obxectivo de rematalos no outono, grazas ao peche da circulación efectuado en agosto que permitiu un despregue maior de medios e axilizar as obras
A execución das obras de reforzo de seguridade na ponte sobre o río Lor en Folgoso fará necesario o corte de tráfico na LU-651 a partir do mércores
Este corte total da estrada estará activo desde o mércores ás 9 horas ata o domingo ás 18 horas
A Xunta avanza no impulso da mobilidade sostible en Ourense co remate de dúas sendas en Montealegre e Valdorregueiro nas que investiu 1,6 M€
A senda de Montelaegre discorre pola marxe dereita da OU-101 ao longo de 1,2 km, dando continuidade á beirarrúa que xa había, e rematando na marquesiña de autobús
A Xunta requírelle á empresa Tungsten San Finx que no prazo máximo dun mes se axuste á autorización de vertido
A desatención do requirimento pode dar lugar á revogación da autorización outorgada
A Xunta inicia as obras de mellora de 51 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade de Lugo, que suporán un investimento de 2,2 M€
As paradas de autobús que se comezan a acondicionar están situadas en 15 estradas autonómicas ao paso por 10 concellos da provincia
A Xunta recibe 4 ofertas para a explotación do servizo de xestión do sistema de depuración das augas superficiais na autovía Ferrol-Vilalba ao paso polo concello das Pontes
Trátase da explotación das instalacións de tratamento físico-químico para a corrección da acidez das augas no tramo da autovía á altura de Mariñadela e da decantación e separación dos lodos, de modo que se garanta o pH normal no medio
A Xunta publica no DOG a encomenda a TRAGSA da demolición dun azud no río Landro, en Ourol
Os traballos, cun investimento de preto de 65.000€, consistirán na retirada dunha represa que inicialmente estaba asociada a un muíño fariñeiro, agora en desuso
Ethel Vázquez avanza que a Xunta rematará a finais deste ano a humanización das rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño, logo dun investimento de case 1 M€
Trátase dunha reforma integral na PO-329, no centro urbano do Porriño, destinada a transformar unha estrada en rúa na que os coches ceden protagonismo aos peóns
A Xunta activa servizos especiais de autobús nas madrugadas do 2 e do 3 de setembro para facilitar os desprazamentos de volta das festas de Perillo, en Oleiros
Habilitaranse dous servizos especiais durante as festas desde a parada de Lucín ata Entrexardíns, ás 02,30 e ás 03,30 horas ambos os días