Actualidade
Buscador de novas
A Xunta rematará en outubro as sendas de Montecelo e Bormoio, cun investimento de 777.000 € e o obxectivo de completar un itinerario peonil continuo de 4 km entre Coristanco e Carballo
As sendas teñen un ancho mínimo de 2 metros para garantir a accesibilidade e favorecer a mobilidade dos veciños
A Xunta constata unha mellora no caudal do río Lérez tras as últimas chuvias rexistradas e a baixada do consumo logo das vacacións do verán
A pesar desta lixeira mellora, continúa activa a situación de prealerta por escaseza, pois a recuperación dos ríos non é inmediata e aínda non se ten acadado a normalidade
A Xunta adxudica por 585.000 euros as obras do aparcadoiro disuasorio no enlace da estrada PO-340 coa autoestrada do Val Miñor, en Nigrán
Disporá dunha superficie total de 3.500 m² onde se habilitarán 72 prazas de estacionamento, facilitando o acceso en vehículo compartido á AG-57 e a redución de vehículos no centro da vila pontevedresa
A Xunta publica no DOG a convocatoria en setembro e decembro dos titulares dos terreos necesarios para executar a senda entre a estación intermodal de Santiago e San Caetano
O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 21 e 22 de setembro, e a formalización o 18 e 19 de decembro
Ethel Vázquez avanza o obxectivo da Xunta de acadar en 2023 os 6 millóns de viaxes gratis en transporte público por parte dos menores de 21 anos, 1 millón máis que en 2022
Case 150.000 mozos teñen a tarxeta Xente Nova e viaxan xa gratis en transporte público por Galicia, aforrando en total case medio millón de euros ao mes
A Xunta adxudica as obras para a instalación de enerxía solar fotovoltaica na estación depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal
Os traballos, adxudicados por 43.000 €, inclúen a redacción do proxecto, dirección de obra e unha instalación fotovoltaica de 45kWp para autoconsumo
A Xunta recibe 11 ofertas para a demolición do hotel de Doentes, necesaria para executar o novo anel perimetral que bordeará o Hospital Público da Coruña
Os traballos, licitados por 1,4 M€ e un prazo de execución de 7 meses, teñen como obxectivo o derribo do actual edificio que ten 7.691 m2 divididos en 10 andares
A Xunta habilita servizos especiais de ida e de volta para o festival Nachiños Fest de Ferrol
Habilitaranse dous servizos de ida, o venres 8 e o sábado 9 de setembro, con saídas desde praza de Galicia ata a Pedreira, na parroquia de Covas; e dous de volta, nas madrugadas do sábado 9 e o domingo 10
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de limpeza na estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo
Continuarán as tarefas de acondicionamento na glorieta da OU-536, á altura do Pereiro de Aguiar
A Xunta adxudica por case 6,8 M€ a execución da nova senda entre O Milladoiro e a estación intermodal de Santiago
Correspóndese co tramo de 3,5 km de lonxitude que comezará no núcleo do Milladoiro ata enlazar co actual itinerario de Clara Campoamor