Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

22/09/2023 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta aproba o proxecto básico da reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa de Lugo, que suporá un investimento de 2,5 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa co obxectivo de licitar estas obras no mes de marzo

22/09/2023 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia hoxe a última parte dos traballos de aglomerado da 1ª fase de mellora da estrada autonómica LU-231 entre Friol e Palas de Rei

Trátase da disposición final da capa de rodaxe e posterior pintado da sinalización horizontal

22/09/2023 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a ampliación en 400.000 € das axudas para adquirir taxis adaptados, de baixas emisións ou eléctricos, mobilizando neste exercicio un total de 900.000 euros

Os incentivos acadan os 10.000 € no caso dos eurotaxis, 6.000 € para a compra de vehículos de cero emisións e de 4.000 € para taxis de baixas emisións, sendo as axudas compatibles entre si

22/09/2023 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras do aparcadoiro disuasorio de Domaio, en Moaña, cun investimento de máis de 877.000 €

Os traballos están a centrarse no movemento de terras, unha vez realizado o estudo de prospección arqueolóxica e obtida a correspondente autorización de Patrimonio

21/09/2023 | 18:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta aproba o proxecto básico do novo centro de saúde de Boborás, que suporá un investimento estimado de máis de 1,5 M€

O novo edificio contará cunha superficie de 628,07 m2 construídos, con planta baixa onde estarán as consultas, e superior onde se localizarán os espazos para o persoal

21/09/2023 | 17:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 1,5 M€ as obras para reducir o risco de inundacións do río Anllóns na rúa Sol, en Carballo

Os traballos, que teñen un prazo de execución de 8 meses, comprenden a remodelación da ponte e a creación dunha canle de augas altas na rúa Sol

21/09/2023 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/09/2023 | 14:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Zamáns e Miñor, no concello de Gondomar

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións

21/09/2023 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto da terminal de autobuses da estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento autonómico de 13,7 M€

Asegura que o obxectivo é seguir avanzando no impulso da mobilidade sostible a través do “fomento do uso o transporte público”

21/09/2023 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en treitos interurbanos de sete ríos no concello de Porto do Son

As tarefas están a realizarse nos ríos Pequeno, Igrexa, Sancho, Cans, Queiroa, Corral de Abaixo e un río innominado, no seu percorrido por distintos lugares do municipio