Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

05/10/2023 | 16:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a solicitude de autorización para a depuración das augas residuais industriais da mina de Touro

O Diario Oficial de Galicia publica o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública esta petición de autorización por parte da empresa titular da concesión

05/10/2023 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía a senda peonil de Vilanova de Arousa e mellora as beirarrúas cunha actuación de máis de 1,1 millóns de euros

As obras realizáronse na PO-549 e benefician aos concellos de Vilanova e de Vilagarcía de Arousa

05/10/2023 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima a mellora do firme na ponte sobre a estrada autonómica OU-536 en Xunqueira de Espadanedo

Hoxe mesmo a nova capa de rodaxe da ponte quedará rematada, atendendo así á petición realizada polo Concello de Xunqueira de Espadanedo

05/10/2023 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa o remate das obras do itinerario peonil e ciclista na OU-536, no tramo da Rabaza, en Ourense

Gabriel Alén remarca que se trata dunha das tres sendas, nas estradas OU-105 (Ponte Sevilla), OU-536 e na avenida de Ponferrada, nas que a Xunta investiu 1,8 M€ para mellorar a mobilidade dos veciños

04/10/2023 | 16:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta confirma o novo retraso ata o 1º trimestre de 2024 dos trens Avril e solicítalle ao Ministerio de Transportes que concrete canto antes o número de convois que destinará

Confírmase que a dotación dos trens Avril se atrasa ata o 1º trimestre de 2024, cando estaban comprometidos xa para 2022 e a última data ofrecida pola ministra de Transportes era neste outono

04/10/2023 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da varanda do paso de ferrocarril na OU-622, no Barco de Valdeorras, que completan a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na avenida do Bierzo

As actuacións consistiron na colocación dun pasamáns e novos pilares, así como na instalación dunha nova varanda similar á que había en varios puntos

04/10/2023 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/10/2023 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de conexión da autovía TUI-A Guarda coa A-55 fará necesario un corte de tráfico en ramais do enlace desde mañá xoves

Co obxectivo de continuar avanzando na execución da obra, procederase ao corte total dos ramais de entrada e saída da calzada dereita da A-55, entre os quilómetros 30+100 e 30+600

03/10/2023 | 18:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 fará necesario un corte de tráfico en ramais do enlace desde este xoves

Co obxectivo de continuar avanzando na execución da obra, procederase ao corte total dos ramais de entrada e saída da calzada dereita da A-55, entre os quilómetros 30+100 e 30+600

03/10/2023 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe a convocatoria dos actos expropiatorios para a mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade da Coruña

Actuarase nas paradas da zona oeste de acceso á cidade situadas en 6 vías autonómicas ao paso por 7 concellos das comarcas da Coruña e de Bergantiños