Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

13/10/2023 | 14:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora desde este vindeiro luns a conexión dos servizo de autobús entre A Coruña e Arteixo coa incorporación de novas paradas nun total de 25 liñas

Incorpórase a parada IES Urbano Lugrís-Fenosa no percorrido de 17 liñas e a parada A Moura no itinerario doutras 8

12/10/2023 | 10:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe seis ofertas para executar as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Noia, que suporá un investimento de 1,3 M€

Trátase de modernizar a planta e ampliar a capacidade actual da potabilizadora para dar servizo a ata 24.000 habitantes

11/10/2023 | 18:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda cos concellos do Morrazo a nova prórroga do convenio da Área de Transporte Metropolitano de Vigo

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe os primeiros encontros, cos concellos de Moaña e de Cangas, aos que se sucederán reunións co resto de municipios nas vindeiras semanas

11/10/2023 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/10/2023 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/10/2023 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Tambre ao seu paso polos concellos de Frades e do Pino

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos
 

11/10/2023 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dotará de iluminación o enlace de acceso da autovía do Salnés ao parque empresarial de Nantes, en Sanxenxo

O obxectivo é dotar de iluminación á totalidade do enlace da AG-41 ao parque empresarial, que ademais dá acceso a zona de vivendas de Pedroño

10/10/2023 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lembra que o concello da Coruña mantivo un total de 635 días bloqueado o avance do Novo CHUAC

As demoras acumuladas polo goberno municipal na tramitación dos convenios e na addenda necesaria para o desenvolvemento do novo Hospital público da Coruña determinaron a data de licitación dos accesos

10/10/2023 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 2,2 M€ as actuacións de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas

As paradas de autobús que se van acondicionar están situadas en 14 estradas ao seu paso polos concellos de Ames, Brión, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Santa Comba, Vimianzo e Zas

09/10/2023 | 14:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa a alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Anllóns, da costa da Coruña ata o límite de Arteixo

As chuvias da 1ª quincena de setembro produciron un incremento puntual do caudal medio dos ríos, que baixou rapidamente, volvendo a valores previos