Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

18/10/2023 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a concesión de 103 axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías por 638.000 €

Correspondese coa resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, no marco destes incentivos dirixidos a autónomos e a pemes do sector

17/10/2023 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 1 M€ para ofrecer aos veciños do Pereiro, Paderne e San Cibrao 2,8 km de sendas sostibles e seguras na Medorra e Paiseo

Na Medorra habilitáronse 2,1 km de senda que pasa polos tres concellos e descorre pola marxe esquerda ao longo do Parque tecnolóxico de Galicia ata chegar ao itinerario executado na contorna dos parques empresarias no cruzamento da OU-537

17/10/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en novembro e decembro os titulares dos terreos necesarios para executar a senda entre Mollabao e Os Praceres, en Pontevedra

O levantamento das actas previas á ocupación terá lugar o 21 e o 22 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e a formalización, o 20 de decembro, no mesmo lugar

16/10/2023 | 16:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de seguridade da estrada PO-531 ao paso pola parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que comeza este trámite e tamén os bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto

16/10/2023 | 14:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca o investimento da Xunta de 3,5 M€ para proxectos de humanización e mellora da mobilidade do bordo litoral de Vigo

Indica que as actuacións de transformación e recuperación da fachada marítima da cidade viguesa permitirán contar cun itinerario completo duns 7,4 quilómetros para peóns e ciclistas

15/10/2023 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-214, no concello de Cambre

Retomarase a tarefa iniciada na LU-751, nos municipios de Meira e Ribeira de Piquín

14/10/2023 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

O avance nas obras do Novo Hospital Público de Pontevedra permitirán restablecer xa en novembro a circulación na avenida de Montecelo

As actuais restricións de tráfico da vía principal de acceso ao hospital rematarán no prazo récord de 6 meses, grazas á coordinación dos traballos e á alta tecnificación do proxecto

13/10/2023 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima os traballos de desmontaxe do taboleiro da ponte de Ponte Arnelas

Unha vez retiradas todas as pezas nas que se foi cortando a estrutura, elimináronse as vigas que quedaban no taboleiro e fóronse retirando puntais

13/10/2023 | 15:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto da nova depuradora de Outeiro de Rei, que procurará a neutralidade enerxética

Vázquez Mourelle incide nos máis de 20 anos da actual planta, na que moitos dos elementos quedaron obsoletos e infradimensionados, tendo en conta o crecemento de poboación que desde 2009, medrou un 7,5%, preto de 400 habitantes máis

13/10/2023 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ao Concello de Santiago a necesidade de mellora do transporte público urbano para facilitar o acceso ao Hospital Clínico e optimizar o aparcadoiro

O estudo de mobilidade acredita que só o 16 % da poboación de Santiago ten a menos de 300 metros unha parada do autobús urbano con conexión co hospital, polo que cómpre incrementar a cobertura dos servizos