Actualidade
Buscador de novas
Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 superarán os 80,6 M€ na provincia de Lugo
A partida máis elevada, 35,25 M€, destínase a infraestruturas viarias o que permitirá, entre outras actuacións, impulsar con consenso a Rolda Leste na cidade de Lugo, con 5 M€ en 2024 e compromisos plurianuais para os vindeiros exercicios doutros 15 M€
Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 na provincia de Pontevedra superan os 158 M€
As actuacións no eido das estradas reciben a maior partida, 77,7 M€ para avanzar na construción de vías de altas prestacións e a mellora e conservación das vías convencionais
Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na provincia de Ourense para 2024 acadan preto de 70 M€
A partida máis elevada, 41 M€, destínase a infraestruturas viarias, o que permitirá, entre outras actuacións, impulsar a mellora da OU-533 entre Valdeorras e A Gudiña ou da OU-540, na Baixa Limia, con 1,5 M€ en 2024 e compromisos plurianuais para os vindeiros anos por importe de 18 M€
A Xunta optimizará a partir deste vindeiro luns o percorrido e os horarios da liña de autobús desde Lalín e Silleda cara aos hospitais de Santiago
Adiantarase a saída das tres expedicións de ida en 10 minutos, pasando de saír ás 06:35, 13:35 e 20:35 a facelo ás 06:25, 13:25 e 20:25 horas
Ethel Vázquez avanza que as contas de 2024 reservan 1,5 M€ para reforestar as marxes da autovía do Morrazo, plantando 25.000 frondosas autóctonas no marco da estratexia de estradas verdes da Xunta
Adianta que os traballos comezarán na próxima primavera, aumentando a protección fronte aos incendios, optimizando a conservación e avanzando cara á neutralidade en carbono nas estradas
Ethel Vázquez avanza que os orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,75 M€ para a estación intermodal de Lugo e 5 M€ para avanzar con consenso na Rolda leste
Salienta que as Contas da administración autonómica para o vindeiro ano volven plasmar o compromiso do Goberno galego con Lugo a través de infraestruturas que achegarán progreso e calidade de vida
A Xunta sinala que o bloqueo da autovía da Mariña polo Goberno de España dificulta a eficacia da VAC da Costa Norte e a accesibilidade dos concellos
Francisco Menéndez sinala que a VAC Costa Norte non pode supor unha alternativa para o tráfico de longo percorrido na Mariña, Ortegal e Ferrolterra sen a A-74 estatal e sen o apoio do Concello á Variante de Viveiro
A Xunta trasládalle aos concellos da comarca de Bergantiños a mellora da situación das reservas de auga como consecuencia das últimas chuvias
A Oficina Técnica da Seca acordou na última reunión activar este estado de alerta por escaseza de auga nestes municipios, tras avaliar os indicadores meteorolóxicos e hidrolóxicos
A Xunta adxudica por máis de 304.000 € as obras para executar un aparcadoiro disuasorio na estrada PO-546 en Lourizán, no concello de Pontevedra
O novo equipamento construirase na vía autonómica, no tramo entre o acceso ao Pazo de Lourizán e a intersección co núcleo do Rozo