Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

25/10/2023 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A mellora das reservas de auga permite recuperar a normalidade e desactivar a prealerta por escaseza no sistema de abastecemento do Lérez e no do río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña ata o río Anllóns

As chuvias da terceira semana de outubro produciron un incremento importante dos caudais circulantes, a nivel xeneralizado, prevéndose que continúe este ascenso coas precipitacións que se agardan para as vindeiras semanas

25/10/2023 | 12:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a partir de xaneiro as persoas maiores de 65 anos poderán viaxar de balde no transporte público da Xunta

Destaca que medidas como estas demostran que os Orzamentos de 2024 son útiles e procuran “solucionar os problemas da xente”, á vez que ratifican que o Goberno galego “segue a apoiar as persoas maiores”

24/10/2023 | 15:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima as obras do novo itinerario peonil de Arbo, que supón un investimento autonómico de máis de 1 M€

As obras inclúen a mellora do firme, a instalación de tubaxes para auga potable e residual, a colocación de novos puntos de luz e dúas paradas de bus con marquesiña

24/10/2023 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez adianta que os veciños de Coristanco verán asegurado o abastecemento de auga cunha nova captación que suporá un investimento de 508.000 €

Vázquez Mourelle sinala que esta nova actuación xa está recollida nos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, o que permitirá avanzar na obra que dará servizo a unha poboación de 5.880 habitantes en 2046

24/10/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios para executar as obras da senda entre Mollavao e Os Praceres, no Concello de Pontevedra

Esta actuación, que se desenvolverá na estrada vella de Marín, a PO-546, prevé un investimento de máis de 6,8 M€ e licitarase antes de finais de ano

23/10/2023 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que os orzamentos da Xunta para 2024 reservan 4,1 M€ para avanzar na humanización da fachada marítima e nos proxectos destinados a “abrir Ferrol ao mar”

Vázquez Mourelle destaca que as obras impulsadas en colaboración coa Autoridade Portuaria representan a 1ª fase do proxecto “Abrir Ferrol ao Mar” que a Xunta continuará a desenvolver co Concello

23/10/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/10/2023 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez adianta que os orzamentos da Xunta de 2024 recollen un investimento de 35 M€ para executar novas sendas que faciliten os desprazamentos cotiáns

Vázquez Mourelle sinala que o Goberno galego seguirá desenvolvendo itinerarios para fomentar a mobilidade sostible e segura, que se sumarán aos 250 quilómetros de sendas construídos na última década cun investimento de 50 M€

20/10/2023 | 17:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o ano 2024 na provincia da Coruña acadan preto de 266 M€

A Xunta destinará 111 M€ a avanzar na vertebración territorial e na mellora das estradas convencionais, con case 21 M€ dirixidos á conservación de estradas, supresión de tramos de concentración de accidentes ou mellora da mobilidade

20/10/2023 | 16:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda peonil na estrada autonómica AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís que suporán un investimento de máis de 150.000 €

A actuación conta cun prazo de execución de 3 meses e permitirá habilitar unha senda que favorecerá a circulación a pé ao longo dun treito da vía autonómica coincidente cunha intersección, reformulando o cruce e habilitando o espazo para o encaixe do itinerario