Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

29/10/2023 | 17:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta culmina a apertura da canle artificial de desaugamento da lagoa da Frouxeira, en Valdoviño

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse por segunda xornada á zona para supervisar os traballos que executa a Dirección Xeral de Patrimonio Natural despois de que o forte temporal de onte impedise levalos a cabo

28/10/2023 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza do dominio público hidráulico no Lago Meirama, no concello de Cerceda

As tarefas están a desenvolverse na parroquia das Encrobas, na zona da praia e no aliviadoiro do lago cara ao río Barcés

27/10/2023 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios regos no concello de Padrón

Estes traballos están levándose a cabo en treitos interurbanos dos regos de Tarrío, de Avelenda, de Castrelo e nun rego innominado, nunha lonxitude de preto de 5 km

26/10/2023 | 15:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca o 6 de novembro aos concellos da área de Pontevedra para avaliar os avances dos trámites municipais de cara á constitución dun ente para a xestión do abastecemento en cogobernanza

O obxectivo da reunión, que se celebrará na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, é avaliar o estado desa tramitación, unha vez comunicado desde a Xunta o 2 de agosto o inicio dos trámites para a configuración do futuro ente supramunicipal

26/10/2023 | 15:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación da 2ª ampliación do crédito para a transformación das frotas do transporte de viaxeiros e mercadorías, sumando un investimento total de 29,5 M€

Os máis de 9 M€ desta nova ampliación do crédito permitirá atender ás máis de 1.200 solicitudes de axudas presentadas, ou ás novas que se demanden

26/10/2023 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de reforzo do abastecemento de auga en varios núcleos do municipio de Valga cun investimento de máis de 183.000 euros

Coas intervencións levadas a cabo ampliouse a rede de abastecemento para o núcleo de Raxoi e executouse o encontro de trazados da rede de San Miguel

26/10/2023 | 15:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca que a Xunta destinará 25 M € durante os vindeiros 10 anos ao desenvolvemento da Estratexia de estradas verdes nas vías de alta capacidade autonómicas

Resalta que se van “reforestar con especies fondosas autóctonas” as marxes dos preto de 500 quilómetros de estradas de titularidade da Xunta

26/10/2023 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta destinará 5 M€ en 2024 a implantar a gratuidade no transporte público autonómico para os maiores de 65 anos

Destaca que poderán viaxar de balde nas 3.500 “liñas de autobús da Xunta, no barco da ría de Vigo e no FEVE de Ferrol”

25/10/2023 | 18:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que 160.000 menores de 21 anos viaxan gratis en transporte público coa tarxeta Xente Nova, que permitiu un aforro familiar de 7,1 M€ no que vai de ano

Vázquez Mourelle remarca a “acollida espectacular” que está a ter esta iniciativa autonómica, batendo récords no mes de xullo coa expedición de 4.209 tarxetas

25/10/2023 | 18:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez insta ao goberno de España a demostrar cun Plan Director completo unha aposta polo Corredor Atlántico equivalente á do Mediterráneo

Vázquez Mourelle lamenta os evidentes retrasos nas actuacións estatais prioritarias para Galicia e na ausencia dun compromiso claro do Goberno de España coas necesidades da nosa comunidade en materia de estradas e de ferrocarril