Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

18/11/2023 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará o firme na estrada AC-261 ao paso polos concellos de Boqueixón e de Santiago

Esta intervención, adxudicada por un importe de máis de 43.000 euros, comezará nas vindeiras semanas

17/11/2023 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/11/2023 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance na reurbanización da avenida Rodríguez de Viguri de Santiago fará necesario o corte de tráfico este sábado entre as glorietas da rúa Montes dos Postes e a da avenida do Camiño Francés

Aproveitarase a baixada da actividade laboral na contorna da Xunta para proceder ao aglomerado da calzada esquerda da rúa, sentido ascendente

17/11/2023 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nos grandes eixes de comunicación, nas actuacións de mobilidade e na conservación das estradas para reforzar a seguridade viaria e a vertebración de Galicia

Menéndez subliña que a extensión da rede de vías de altas prestacións contribúe a reducir os tempos de viaxe, ao equilibrio territorial e a aumentar a seguridade viaria

16/11/2023 | 16:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Licitadas por case 20 M€ as obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Lugo

Rueda anuncia que contan cun prazo de execución de 25 meses e o Goberno galego achegará un investimento de 12,8 M€

16/11/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta autoriza a prórroga do convenio do Plan de transporte metropolitano da área de Vigo para os 2 vindeiros anos cun investimento autonómico de 2,4 M€

Rueda asegura que deste xeito garántese a continuidade deste plan social que beneficia a “80.000 veciños” e que permite aforros de “ata 1.000 € ao ano”

Destaca que o Goberno galego continuará asumindo “os descontos do 80 % nos billetes interurbanos, ademais do 100 % dos transbordos” e as bonificacións adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas

16/11/2023 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará a seguridade viaria da estrada autonómica PO-308 no cruce da rúa Progreso coa rúa dos Cesteiros, no concello de Sanxenxo

A intervención, cun investimento de case 50.000 €, consistirá en regular con semáforos os xiros á esquerda desde a rúa dos Cesteiros cara á rúa Progreso, sen que supoña retencións no tráfico cara á Lanzada e a autovía do Salnés

16/11/2023 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o servizo de explotación e mantemento da rede de estacións de seguimento dos niveis de caudais dos ríos da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

A Plataforma de contratos de Galicia recolle a licitación dos traballos, cun orzamento total de preto de 3,3 M€ para un prazo de execución de 5 anos

16/11/2023 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/11/2023 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará o firme na estrada PO-305 ao seu paso polo concello de Vilagarcía de Arousa

A actuación, que supón un investimento autonómico de preto de 43.000 €, prevé comezarse esta fin de semana, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan