Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

24/11/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Vilalba acordan a habilitación dunha nova parada de autobús na rúa Campo de Puente, que substiuirá a actual da estación

Así se abordou na reunión celebrada hoxe entre a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, María José Nistal, e o subdirector de Infraestruturas da Dirección Xeral de Mobilidade, Juan Vidal, coa alcaldesa, Marta Rouco

24/11/2023 | 13:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

Rueda destaca que a Xunta consolida o compromiso coa atención primaria en Vigo coa apertura en 2024 do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia

Salienta que será un inmoble “moderno e adaptado as necesidades” da medicina de hoxe e a dos vindeiros anos

24/11/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,2 M€ as obras de mellora do firme en catro estradas da provincia de Ourense ao seu paso por sete concellos

Intervirase nas vías autonómicas OU-113, OU-114, OU-310 e OU-311, nos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio

24/11/2023 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta axustará a vindeira semana as liñas de transporte público integrado de Vilagarcía de Arousa para mellorar o servizo ao IES de Carril

Redúcese en 20 minutos o tempo de viaxe anticipando a chegada dos escolares deste instituto ás súas casas os martes a mediodía, día que teñen clase pola tarde

23/11/2023 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade recibe o Premio Ícaro 2023 polo apoio á investigación na enxeñaría para mellorar as respostas ás necesidades dos cidadáns

Vázquez Mourelle sinala como un deber impulsar a investigación e traballar da man dos expertos en cada materia para aplicar o seu coñecemento e darlle sentido desde unha utilidade social

23/11/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acorda solicitarlle ao Goberno de España a liberación da peaxe da AP-53 para unificar a conexión Santiago-Ourense

Rueda resalta que o obxectivo é que os cidadáns poidan desprazarse por autoestrada entre ambas cidades totalmente de balde

23/11/2023 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto dunha nova senda na estrada autonómica PO-400 ao paso polo concello das Neves para comunicar o núcleo do Castro co centro urbano

O contrato, adxudicado por preto de 18.000 €, prevé o deseño dun itinerario fundamentalmente peonil de preto de 1,2 quilómetros pola marxe esquerda da estrada, que facilite aos veciños deste núcleo o acceso aos principais servizos do municipio

22/11/2023 | 20:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez convida os enxeñeiros de camiños a participar dos retos que afronta Galicia con infraestruturas e servizos que garantan un lugar mellor para vivir e para traballar

Vázquez Mourelle sinala o reto de acadar unha terra sostible e cada vez mellor vertebrada por dentro e mellor conectada por fóra

22/11/2023 | 18:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/11/2023 | 18:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez contrapón o traballo e os orzamentos da Xunta na VAC da Costa Norte coa falta de vontade política do goberno para impulsar a autovía da Mariña

Vázquez Mourelle destaca o compromiso da Xunta ao investir 100 M€ e poñer en servizo a variante de Ortigueira e o treito Celeiro-San Cibrao en plena crise económica