Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

28/11/2023 | 13:57 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon a punto a nova UCI do CHUAC que aumentará o número de boxes ata os 29 e todos eles individuais

Os conselleiros de Infraestruturas e de Sanidade visitaron este novo espazo que entrará en servizo en xaneiro de 2024

28/11/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os novos traballos no enlace de conexión da autovía Tui- A Guarda coa autovía A-55 farán precisos cortes de tráfico este venres e o vindeiro luns 4 de decembro

Procederase a un corte total dos ramais de entrada e saída da calzada esquerda da A-55,o venres día 1 de decembro a partir das 06,30 horas e o luns, día 4, a partir das 21,30 horas sentido Portugal-Tui, habilitándose itinerarios alternativos

28/11/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará o firme na estrada AC-418 ao paso polo concello de Malpica

Esta intervención, adxudicada por un importe de case 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas

28/11/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na transformación dos sistemas de transporte para ofrecer unha mobilidade alternativa, eficiente e respectuosa co medio ambiente

Vázquez Mourelle sinala o desafío de proporcionar sistemas de transporte que respondan ás necesidades dos cidadáns e que contribúan a mitigar o impacto no medio
 

27/11/2023 | 18:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e 12 concellos da área de Vigo acordan prorrogar o Plan de transporte metropolitano os 2 vindeiros anos cun investimento autonómico de 2,4 M€

O Goberno galego continuará financiando os descontos do 80% nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas coa achega de 1,2 M€ ao ano

27/11/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/11/2023 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 20 M€ as obras da nova estación de autobuses intermodal de Lugo e reclama incorporar tamén a cidade ao mapa da alta velocidade ferroviaria

Ethel Vázquez avanza que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a vindeira primavera a construción deste gran centro de transporte público que permitirá un intercambio entre o autobús e o ferrocarril en apenas 2 minutos

26/11/2023 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Catasol, no concello de Melide

Estes traballos céntranse na roza selectiva puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

25/11/2023 | 10:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/11/2023 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 240.000 euros a redacción do Plan para a ampliación do parque empresarial de Pereiro de Aguiar

O Executivo galego tamén aprobou o contrato para a realización de traballos na rede de distribución eléctrica no ámbito do polígono 2 do parque empresarial de Xinzo de Limia por importe de máis de 60.000 euros