Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

01/12/2023 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de 62 paradas de autobús en estradas autonómicas nas rutas de acceso a Santiago, que suporá un investimento de máis de 1 M€

As obras levaranse a cabo nas paradas situadas en vías autonómicas ao paso polos concellos de Boiro, Carnota, Dodro, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal
 

01/12/2023 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 1 M€ a execución das obras da nova senda na estrada PO-546 no treito urbano de Marín

Dáselle continuidade á humanización desta vía, actuando entre as rúas da Estrada e da Roda e nas rúas Concepción Arenal e da Ponte
 

30/11/2023 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investiu máis de 600.000 € na mellora da vía autonómica LU-113 dende Rozas ata o final da travesía de Castro, no concello de Castro de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se renovou o pavimento e a sinalización horizontal nos seis quilómetros polos que discorre este treito

30/11/2023 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza no estudo dos ríos Belelle e Basteiro para deseñar as actuacións que reduzan o risco de inundacións no concello de Neda

Augas de Galicia presentará nas vindeiras semanas as propostas de mellora do comportamento hidráulico destes ríos logo das reunións técnicas mantidas co Concello para concretar o diagnóstico dos episodios de asolagamento

30/11/2023 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción dos pregos dos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal nos 5.500 km da rede de estradas autonómicas para os vindeiros anos

Definiranse os pregos técnicos que rexerán as condicións dos novos contratos destes servizos, que permiten unha vixilancia e control das vías, ademais dun servizo especializado nas actuacións de rehabilitación nas pontes e obras de paso

30/11/2023 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada, dotadas cun orzamento de 500.000 €

Promóvese a mellora das capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

29/11/2023 | 16:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 318.000 euros as obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, en Oia

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses e buscan incrementar a sección hidráulica na zona da ponte da Serra Seca e a protección do leito do río fronte á erosión

29/11/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incrementa ata os 53 M€ o investimento destinado á conservación das estradas e pide un esforzo similar ás demais administracións no mantemento das vías

Os datos amosan que o número de falecidos en accidentes de tráfico no que vai de 2023 foron 75, isto é, 3 menos que no mesmo período do ano anterior

29/11/2023 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conservación da rotonda elevada de Sabón farán necesario o corte deste tramo da AC-551 en Arteixo na xornada do venres e ata primeira hora do sábado

Procederase á substitución das xuntas de dilatación desta infraestrutura, no marco dos traballos de conservación da rede viaria de titularidade da Xunta

29/11/2023 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca unha nova orde de axudas por importe de 500.000 € para incentivar a adquisición de taxis adaptados e de emisións cero ou ECO

Destinaranse 290.000 € á compra de taxis adaptados, 142.000 € para vehículos de baixas emisións e 68.000 € para taxis de emisións cero