Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

04/12/2023 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo dun noiro na estrada AC-550 no lugar de Abuín, no concello de Porto do Son

Os traballos, que supoñen un investimento de preto de 43.000 euros, están a comezarse entre a vía autonómica e o seu entronque co camiño municipal desta parroquia de San Pedro de Baroña

04/12/2023 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre o trámite de competencia de proxectos ante a solicitude de Canerde dunha concesión para un aproveitamento hidroeléctrico no río Eume, nas Pontes

A empresa solicita a concesión dun caudal de auga de 170 m3/s procedente do río para o aproveitamento hidroeléctrico para unha central hidroeléctrica reversible

04/12/2023 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza a licitación das obras para completar a mellora integral da estrada PO-235 na Lama, que suporán un investimento de 3,9 M€

Vázquez Mourelle explica que se intervirá en 7 km desta vía, desde a parroquia de Seixido ata A Portela da Cruz, no límite coa provincia de Ourense, co obxectivo de mellorar as condicións de circulación e facilitar desprazamentos máis seguros

03/12/2023 | 18:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/12/2023 | 15:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Entíns ao seu paso polo concello de Outes

Estes traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

02/12/2023 | 18:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/12/2023 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras de prolongación da autovía Santiago- A Estrada permitirán executar os enlaces completos da Ramallosa e de Pontevea para mellorar o servizo aos veciños de Teo e Vedra

Vázquez Mourelle subliña que co visto e prace do Concello, os técnicos e a empresa avanzarán para que as obras do novo treito da AG-59 inclúan o enlace completo da Ramallosa e amplíen o de Pontevea

01/12/2023 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executará na primavera a mellora do firme nas estradas AC-414 e AC-400 no concello de Carballo, que suporán un investimento de 763.000 euros

Francisco Menéndez amosa a determinación de actuar no treito da AC-414 formado por 2 tramos antigos da AC-418, ante a falta dunha proposta de colaboración do Concello para asumir a titularidade desta vía, de carácter eminentemente local

01/12/2023 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na materialización dun investimento de 40 M€ para sumar á Coruña á intermodalidade e demanda ao Goberno servizos de tren fiables e competitivos e os trens Avril para garantir a alta velocidade

Vázquez Mourelle subliña que con estas obras será posible pasar do autobús ao tren en menos de 5 minutos desde unha nova terminal que acollerá máis de 500 expedicións diarias e 2,7 millóns de viaxeiros ao ano

01/12/2023 | 15:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa este domingo dúas liñas de autobús especiais para asistir aos partidos do Racing Club de Ferrol desde Caranza e Narón ata o Estadio da Malata

Este novo servizo lanzadeira comezará esta mesma fin de semana e despregarase en todas as xornadas que se disputen partidos na cidade, para facilitar a asistencia