Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

11/12/2023 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de saneamento e depuración na contorna do edificio Casa de Baño do concello de Bande

Augas de Galicia vén de entregarlle estas infraestruturas hidráulicas ao Concello

11/12/2023 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras dunha nova glorieta no Val e dunha conexión co polígono de río do Pozo de Narón, que suporán un investimento de 935.000 €

Indica que se mellorará a mobilidade no Val substituíndo a actual intersección en cruz por unha rotonda de 32 metros de diámetro no cruce da AC-116 coa vía da deputación

11/12/2023 | 11:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da execución das obras da estación intermodal de Lugo

Trátase da construción da terminal de autobuses integrada na de ferrocarril e do aparcadoiro subterráneo, cuxas obras foron licitadas pola Xunta a finais de novembro por 20 M€ coa previsión de inicialas na primavera

08/12/2023 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/12/2023 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,8 M€ as obras de remodelación da ponte na rúa Fomento de Carballo para reducir o risco de inundación no río Anllóns

Intervirase na zona da ponte, onde o estreitamento do leito do río e a súa escasa capacidade de desaugue fan que sexa unha das zonas más inundables no casco urbano en época de enchente

05/12/2023 | 17:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta denuncia os cinco anos perdidos do Goberno de España co AVE por Cerdedo, que carece de planificación e investimentos para materializarse

Vázquez Mourelle lamenta que o novo ministro de Transportes “se siga parapetando tras o comodín da necesidade dun novo estudo”

05/12/2023 | 17:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez urxe ao Concello de Santiago a presentar a súa alternativa para a integración urbana e a dotación de aparcadoiro no hospital clínico

Vázquez Mourelle fai fincapé na necesidade de que o Concello se impllque na integración urbana do hospital clínico na cidade, xa que ten as competencias en materia de urbanismo e mobilidade

05/12/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez demanda a liberalización da peaxe do treito estatal da conexión Santiago-Ourense para que funcione como un verdadeiro eixe vertebrador do interior de Galicia

Vázquez Mourelle cualificou de anomalía que a vía de comunicación entre Santiago e Ourense teña unha parte estatal de pago e outra autonómica gratuíta para os usuarios

05/12/2023 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 22 M€ as obras dos accesos do novo Hospital Público da Coruña

Con este contrato, de proxecto e execución da obra, dotarase ao Novo CHUAC duns accesos máis funcionais, sinxelos e integrados que faciliten a entrada aos distintos servizos e ao aparcadoiro así como o funcionamento do complexo durante as obras

04/12/2023 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 5,8 M€ as obras do centro de ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas

O novo equipamento construirase na parcela 3E da Tecnópole, cunha superficie útil de máis de 2.100 m²