Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

13/12/2023 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/12/2023 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta instala unha marquesiña e facilita o cambio de sentido dos autobuses na entrada a Lugo polo Carqueixo

O delegado territorial subliña que a actuación conta cun orzamento de 60.000€ mellorará a seguridade viaria no acceso á cidade pola LU-530 e favorecerá o uso do transporte público

12/12/2023 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras das sendas que conectarán Ourense de norte a sur para transformar a mobilidade urbana cun investimento de 5,7 M€ e o obxectivo de concluílas a comezos de 2025

A conselleira subliña que o itinerario peonil e ciclista de máis de 4 km comunicará os principais equipamentos da cidade, facilitando un percorrido sostible e saudable desde a estación intermodal ata Expourense

12/12/2023 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de 43 paradas de autobús en estradas autonómicas en Nigrán, cun investimento de máis de 1 M€

O obxectivo é acondicionar as paradas situadas nas estradas PO-325, PO-552 e PO-340, todas no municipio de Nigrán, enmarcadas nas rutas de acceso polo sureste a Vigo

12/12/2023 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 4,3 M€ as obras do novo colector xeral de Burela para a mellora do saneamento municipal

Executarase unha estación de bombeo e tratamento que recollerá a maior parte das augas residuais de Burela para impulsalas cara á futura nova depuradora

12/12/2023 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Ministerio a convocatoria urxente da conferencia sectorial de transportes para abordar as bonificacións do transporte público desde o 1 de xaneiro

O Goberno galego descoñece as previsións que manexa o Executivo español en relación aos bonos gratuítos para o tren e ás bonificacións dos autobuses, tanto estatais, como nos interurbanos e urbanos, de competencia das comunidades e dos concellos

11/12/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos para estabilizar un noiro na estrada autonómica AC-840 en Betanzos farán necesario un corte de tráfico a partir do mércores

O corte, que se prolongará desde o día 13 ata o próximo día 21 de decembro, levarase a cabo en horario de 8 a 19 horas

11/12/2023 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais na Derrasa, no pereiro de Aguiar, tras un investimento de máis de 456.000 €

Renováronse as infraestruturas hidráulicas neste núcleo de poboación, aumentando a eficiencia destes servizos de competencia municipal

11/12/2023 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras do colector do río sardiña para culminar o saneamento da enseada da Malata de Ferrol, cun novo investimento de 900.000

Esta intervención adicional está a comezar coa instalación das casetas de traballo e a preparación das tubaxes na contorna das obras
 

11/12/2023 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a mellora da rede de saneamento municipal nos núcleos do Coto e Valeixe, no concello de Crecente

Augas de Galicia fixo entrega á administración local destas infraestruturas hidráulicas, que supuxeron un investimento de preto de 50.000