Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.485 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

15/12/2023 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que a enxeñería ten o deber colectivo de buscar as mellores solucións para o progreso de Galicia e o benestar dos cidadáns

Subliña o papel da enxeñería no crecemento económico dos países, ao proporcionar comunicacións que facilitan a mobilidade dos cidadáns e das mercadorías, servizos de transporte fiables e accesibles ou abastecemento de auga en cantidade e calidade

15/12/2023 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,9 M€ as obras de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas

As actuacións comprenden a mellora deste conxunto de paradas situadas en 14 estradas ao seu paso polos concellos de Ames, Brión, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Santa Comba, Vimianzo e Zas

14/12/2023 | 18:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Pontevedra acordan manter en 2024 as bonificacións no transporte urbano, no que a demanda medrou un 30% con respecto ao ano pasado

Prorrógase un ano máis o convenio que supón a rebaixa de 50 céntimos nas viaxes urbanas e a bonificación dos transbordos no municipio

14/12/2023 | 16:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as consultas ambientais do proxecto da rolda Sur-Oeste de Ordes, que permitirá liberar de tráfico o centro do municipio

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete o proxecto ao proceso de avaliación ambiental simplificada ao longo dun mes

14/12/2023 | 16:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Goberno galego destinará 5,5 M€ para a conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas en 2024 e para manter as bonificacións xa vixentes

Benefician aos usuarios das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Vigo-Baiona (AG-57), que continuarán sendo das máis baixas de España

14/12/2023 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria para xaneiro e marzo aos titulares dos terreos necesarios para executar a nova glorieta no Val e a conexión co polígono de río do Pozo de Narón

O levantamento de actas previas terá lugar o 10 de xaneiro e a formalización das actas de ocupación o 25 de marzo no salón de plenos do Concello de Narón

13/12/2023 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acometerá a mellora do firme na estrada autonómica PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario

As obras, licitadas por máis de 1,4 M€ e cun prazo de execución de 4 meses, consistirán na rehabilitación e a reposición do firme, ademais do repintado das marcas viarias

13/12/2023 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de adecuación dunha parada de autobús na estrada AC-419 na Bugalleira, no concello de Ponteceso

A intervención permitirá resolver a ausencia de parada de autobús en ambas as marxes da vía autonómica, na zona da Noria, ao seu paso polo municipio

13/12/2023 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/12/2023 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas