Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.485 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/12/2023 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte e o Alto do Faro e na LU-533 ao paso polo concellos de Chantada e O Saviñao

A actuación, licitada por máis de 2 M€ acometerase nun treito de 13,5 km da vía CG-2.1 e en algo máis de 4,4 km da LU-533, desde o núcleo urbano de Chantada ata Escairón

19/12/2023 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na reconstrución da ponte de Ponte Arnelas coa fabricación en taller da nova estrutura metálica que se colocará

Nas vindeiras semanas prevese a ensamblaxe final en taller dos módulos da estrutura e o seu pintado, como traballos previos ao traslado in situ

18/12/2023 | 17:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial supervisa o remate da beirarrúa da PO-315 no treito Beluso-A Chadiza, en Bueu, que foi posible grazas a un investimento da Xunta de 330.000 euros

Os traballos incluíron a substitución do firme, a mellora do sistema de saneamento, a substitución das luminarias e a mellora da sinalización viaria

18/12/2023 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Neda abordan as actuacións necesarias para reducir os riscos das inundacións na contorna dos ríos Basteiro e Belelle

Augas de Galicia presentou hoxe aos representantes municipais o resultado dos estudos realizados sobre esta zona de especial perigosidade e as medidas propostas

18/12/2023 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que a estabilidade galega permitirá destinar o vindeiro ano 750 M€ a infraestruturas e servizos de interese xeral sen ataduras políticas

Vázquez Mourelle avanza que mañá o Parlamento aprobará os Orzamentos da Xunta para 2024, os máis elevados da historia da comunidade para seguir avanzando en actuacións que aumentarán a calidade de vida dos galegos e a competitividade do territorio

18/12/2023 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción dos pregos dos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal nos 5500 km da rede de estradas autonómicas para os vindeiros anos

Este contrato, licitado por 105.000 €, inclúen a elaboración dun prego adicional de contratación dirixida exclusivamente á reparación e mantemento de obras de paso
 

17/12/2023 | 16:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos e un rego no concello de Teo

Os traballos estanse a desenvolver no río Tinto, no rego da Auga e en dous ríos innominados, nos seus percorridos polas parroquias de Cacheiras, Calo e Luou

17/12/2023 | 15:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas ao paso polas comarcas de Fisterra e da Mariña

As novas actuacións levaranse a cabo na estrada AC-445, no municipio de Fisterra; e na LU-540, ao seu paso por Viveiro, Ourol, Xermade e Muras

16/12/2023 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras da senda entre a intermodal de Ourense e a Ponte Vella farán necesario o corte do tráfico da rúa Ribeiriño esta vindeira semana

O peche da circulación será efectivo o luns día 18 e ata o venres día 22 e vén derivado das obras das sendas que conectarán a cidade de norte a sur, que xa empezaron a construírse polo río Barbaña e a avenida das Caldas cun investimento da Xunta de 5,7 M€

16/12/2023 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Belelle e Basteiro no concello de Neda

Estes traballos están levándose a cabo en treitos interurbanos destes dous ríos para eliminar os arrastres das últimas riadas