Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.485 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

27/12/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 865.000 euros as obras da senda cara ao Hospital Clínico Universitario de Santiago desde o novo itinerario do Milladoiro á intermodal

Trátase do itinerario de 1.130 metros no eixe Conxo-Hospital Clínico, entre o antigo túnel de Adif e o barrio de Santa Marta, unindo numerosos puntos de interese

27/12/2023 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ordes colaboran achegando preto de 820.000 € para dotar de servizos de abastecemento e saneamento o núcleo do Canedo

O convenio establece o compromiso da Xunta de contratar, executar e financiar as obras nun 80 %, con máis de 665.000€, mentres que o Concello achegará o 20 % restante

26/12/2023 | 16:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 33 millóns de euros as obras da Torre Polivalente do Novo Hospital Público da Coruña

A súa construción ten un prazo de execución de 18 meses e será a primeira obra do Novo CHUAC

26/12/2023 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 344.000 euros as obras da senda na estrada AC-424 no Couto, no concello de Ponteceso

Habilitaranse algo máis de 600 metros de senda, dos que arredor de 400 discorrerán pola marxe dereita, desde o quilómetro 1+100 ata o acceso á última vivenda situada na glorieta de Balarés; e case 240 pola marxe esquerda, dando continuidade ao itinerario actual

25/12/2023 | 10:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mero no concello de Cambre

Estes traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

25/12/2023 | 10:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza esta semana traballos de limpeza nas mar-xes da estrada AC-308 no concello de Lousame

Estas tarefas forman parte do novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

23/12/2023 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a mellora do firme en catro estradas da provincia de Ourense ao seu paso por sete concellos

A actuación, licitada por máis de 1,2 M€, acometerase nas vías autonómicas OU-113, OU-114, OU-310 e OU-311, nos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio

23/12/2023 | 10:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mandeo ao seu paso polo concello de Aranga

Estes traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

22/12/2023 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota de abastecemento a tres parroquias de Pantón cun investimento próximo aos 600.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se construirá unha rede de 13 quilómetros de tubaxe para subministrar a San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato

22/12/2023 | 13:37 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que Galicia será pioneira ao facilitar que os maiores de 65 anos viaxen de balde no transporte público da Xunta a partir do 1 de xaneiro

A Xunta destinará 5 M€ a esta medida para ampliar a gratuidade da que xa se benefician os menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova