Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica no DOG a encomenda á empresa pública Seaga da reforestación das marxes da autovía do Morrazo, que suporá un investimento de máis de 1,5 M€
Os traballos, que comezarán na próxima primavera, inclúen a plantación nas marxes da autovía de 25.000 árbores autóctonas, como o castiñeiro, o carballo, o freixo, o bidueiro ou o sabugueiro
A Xunta licita por 5,7 M€ o servizo para a creación dunha rede de control en tempo real dos sistemas de abastecemento de auga en concellos de menos de 20.000 habitantes
Trátase de desenvolver, implantar e poñer en marcha unha rede de estacións dixitais de monitorización de sistemas de abastecemento de auga potable en alta neses municipios
A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para mellorar o firme de tres estradas ao paso polos municipios de Carballo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos, Muxía, Cee, Corcubión e Fisterra
As actuacións, licitadas por máis de 3,2 M€, levaranse a cabo na primavera nas vías autonómicas AC-440, AC-414 e AC-445
Rueda destaca o proxecto “Abrir Ferrol ao Mar” como medio para recuperar a fachada marítima da cidade
O acordo está presupostado en un investimento conxunto de 11M€
A Xunta asina o convenio para manter conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas autonómicas e seguir aplicando as bonificacións vixentes
Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5 M€ para conxelar as tarifas e manter os descontos o próximo ano nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor
A Xunta lembra que o 80% da autovía A-6 continúa pechada ao tráfico en Pedrafita e demanda a máxima dilixencia para completar a súa reconstrución
O Goberno galego advirte de que unha Autovía do Noroeste incompleta é un risco para a seguridade viaria e a viabilidade industrial, ademais dun lastre para o transporte e para a competitividade turística
A Xunta manterá o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol a partir do vindeiro 1 de xaneiro
O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de prorrogar as bonificacións no transporte público autonómico
A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Tomiño da estrada autonómica PO-195 ao seu paso por Forcadela
Transfírese un treito de algo máis de 1,5 quilómetros desta vía autonómica co seu dominio público viario, incluíndo a obra de paso sobre o río do Hospital da Briña, agás os nós de conexión coa PO-552 no seu inicio e final
A Xunta inicia as consultas ambientais do proxecto de conversión en autovía da vía de altas prestacións que comunica Brión e Noia
A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete o proxecto da 1ª fase do desdobramento a participación durante un mes, no marco do proceso de avaliación ambiental simplificada