Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/02/2024 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Té, en Rianxo

Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude total de 282 metros

02/02/2024 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,5 M€ as obras da primeira fase da extensión do saneamento municipal a toda a parroquia de Ribadetea, en Ponteareas

Trátase de executar unha rede de saneamento nos núcleos da Freixa, O Souto e O Eido e a conexión coa rede de Ribadetea, que conduce as súas augas residuais ata a estación de bombeo para dirixilas á depuradora da Moscadeira

02/02/2024 | 11:39 | C. do Medio Rural; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ponse á disposición dos transportistas, agricultores e gandeiros galegos e reclama a intervención do goberno de España en defensa dos seus intereses

Ethel Vázquez amosou a crecente preocupación do Executivo galego diante das elevadas perdas, de millóns de euros, que trasladan os transportistas, e afeou a inacción do Ministerio de Transportes nesta crise, malia os chamados da Xunta

02/02/2024 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/02/2024 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/02/2024 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/02/2024 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a execución da nova senda peonil na estrada LU-617 en Toiriz, no concello de Pantón

Habilitouse un itinerario de 530 metros a ambos os lados da estrada, cun ancho mínimo de 1,8 metros, salvo nalgunha zona puntual con vivendas, garantindo a accesibilidade

31/01/2024 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,1 M€ as obras para dotar de abastecemento os núcleos de Nantón e Anos, no concello de Cabana de Bergantiños

Trátase de levar este servizo municipal a estes dous núcleos e asegurar o subministro de auga ao municipio e ao futuro parque industrial da Costa da Morte, co obxectivo de garantir o mesmo a unha poboación total futura de preto de 2.000 persoas

31/01/2024 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para desenvolver catro novos contratos para a dixitalización da rede de estradas autonómicas

O obxectivo destes contratos, divididos en 4 lotes diferentes e cun orzamento global de 2,47 M€, é avanzar nas actuacións en marcha da Estratexia de dixitalización e innovación en materia de estradas de Galicia

31/01/2024 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de execución dunha glorieta na estrada LU-903 en Doade, no concello de Sober

O Diario Oficial de Galicia recolle o sometemento a información pública do proxecto de trazado para a execución dunha glorieta de 28 metros de diámetro á altura do quilómetro 12+780 da estrada LU-903, na intersección entre a vía autonómica e a provincial