Actualidade
Buscador de novas
A Xunta comeza a demolición da edificación da rúa Sol de Carballo, no marco das obras para reducir o risco de inundacións
A actuación forma parte do proxecto de remodelación da ponte sobre o río Anllóns e de creación dunha canle de augas altas
A Xunta somete a información pública o proxecto que permitirá habilitar un aparcadoiro disuasorio con 194 prazas ao norte da autovía do Morrazo, en Moaña
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este proxecto que inclúe a restauración dun vertedoiro utilizado nas obras da autovía, a execución dun estacionamento e a dotación dos ramais de acceso, cun orzamento total de 3,8 M€
O DOG recolle a aprobación do proxecto de trazado do acondicionamento da estrada OU-540, desde Celanova ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa
A intervención conta cun orzamento de 13,7 M€ e desenvolverase en dúas fases
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos regos das Pontigas e da Veiga, no concello de Cedeira
Os treitos obxecto das intervencións acadan unha lonxitude de algo máis de 4,1 quilómetros
A Xunta adxudica por máis de 1,2 M€ as obras de mellora do firme na PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario
Os traballos contan cun prazo de execución de 4 meses e consistirán na rehabilitación e na reposición do pavimento, ademais do repintado das marcas viarias
A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos do río Xunco, no concello de Cervo
Os traballos estanse a desenvolver no percorrido do río polas parroquia San Román de Vilaestrofe, Sargadelos e Cervo
A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos de Santa Comba
Os traballos estanse a desenvolver nos ríos Xallas, García, Guisande e en dous tramos do río Abuín, nos seus percorridos por distintas parroquias do municipio
A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección da PO-255 en Covelo
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto para actuar no cruce en "T" entre esta vía autonómica e a estrada provincial EP-5104
A Xunta inicia a redacción do proxecto para habilitar dous novos treitos de senda na estrada AC-424 en Ponteceso
O obxectivo é definir as actuacións necesarias para darlle continuidade ao itinerario previsto nesta mesma estrada, no Couto, que se acometerá este ano
A Xunta inicia os traballos de plantación de 25.000 árbores autóctonas nas marxes da autovía e do corredor do Morrazo
Estes traballos de reforestación supoñen a fase piloto da Estratexia de estradas verdes que impulsa o Goberno galego