Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

16/03/2024 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos ao seu paso polo concello de Vimianzo

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude total de 8.000 metros, ao paso polas parroquias de Cambeda, Vimianzo e Calo

16/03/2024 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar as obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710 que conecta a N-VI coa A-6, en Baralla

Esta intervención suporá un investimento de máis de 2,3 M€ e permitirá o ensanche e mellora desta vía nunha lonxitude de 4,5 km, para dotala dunha plataforma ampliada a 7 metros, cun carril por sentido de 3 metros cada un

15/03/2024 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que o retraso dos trens AVRIL supón para Vigo 20.000 prazas menos á semana, 70.000€ máis ao día e 20 minutos máis en cada viaxe a Madrid

Vázquez Mourelle critica que a conexión con Madrid está lastrada polo retraso dos trens Avril, en espera desde 2022 e sen información oficial sobre a previsión da súa chegada

15/03/2024 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 575.00 euros o servizo de explotación e mantemento da presa de Baiona e da presa do Con, en Vilagarcía de Arousa

A Plataforma de contratos de Galicia recolle a licitación en dous lotes destes traballos, cun prazo de execución de 24 meses

15/03/2024 | 13:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora da mobilidade peonil nas estradas PO-548 e PO-192, entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa, por case 330.000 €

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta contratación, establecendo que as empresas poderán presentar ofertas ata o 10 de abril

15/03/2024 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/03/2024 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 280.000 € o estudo para avaliar alternativas para a mellora do saneamento no núcleo urbano de Ribadeo co fin de ter redactado o proxecto construtivo da máis eficaz no verán de 2025

Vázquez Mourelle concreta que se prevé adxudicar o contrato no 4º trimestre, iniciar os traballos este ano e ter redactado o proxecto da solución escollida no verán do vindeiro ano

13/03/2024 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/03/2024 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 26 ofertas para executar a 1ª fase do saneamento da parroquia de Ribadetea, en Ponteareas, que suporá un investimento de preto de 1,7 M€

Das 26 ofertas presentadas para desenvolver esta obra, 5 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 31 empresas

12/03/2024 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a nova senda entre Proame e O Cancelo, no concello da Laracha, que supuxo un investimento de case 1,5 M€

Habilitouse unha senda de uso mixto para peóns e ciclistas na marxe esquerda da vía, con 2,2 km de lonxitude e un ancho medio de 2,5 metros