Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

21/03/2024 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acada as 1.200 árbores autóctonas plantadas na reforestación das marxes da autovía e do corredor do Morrazo

Francisco Menéndez explica que xa se actuou nunha superficie de 6 hectáreas de dominio público viario, plantando abeleiras, bidueiros, freixos, pradairos ou carballos

21/03/2024 | 11:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta culmina a humanización da travesía da estrada OU-154 no Reino, en Piñor, que supuxo un investimento global de 460.000 €

Rematáronse os traballos da segunda fase, en dous treitos da OU-154, entre os quilómetros 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235

20/03/2024 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará desde o luns as conexións de autobús cos hospitais de Santiago desde os concellos de Ordes, Oroso, A Estrada e Teo

A Xunta habilita unha nova expedición con saída de Ordes ás 06,40 horas, e outra de volta con saída de Santiago ás 22,20 horas que beneficiará, tamén, aos veciños de Oroso

20/03/2024 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 7,8 M€ a execución das obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

A intervención suporá un investimento global de 8,2 M€, tendo en conta as expropiacións, e levarase a cabo entre os quilómetros 5+000 e 20+090 desta vía autonómica, nos municipios de Viveiro e Ourol

20/03/2024 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de renovación e instalación de iluminación na senda peonil da estrada PO-549, que comunica Vilanova e Vilagarcía de Arousa

Esta intervención, licitada por máis de 260.000 euros, permitirá actuar no itinerario peonil executado nesta vía autonómica en Corón cun investimento de 1,1 M€

19/03/2024 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto reformulado da nova senda na estrada OU-402 en Reza, en Ourense, que suporá un investimento de máis de 1,6m€

Trátase dun itinerario peonil de 2,7 km pola marxe dereita da vía que conectará as edificacións e os treitos illados de beirarrúas e garantirá os desprazamentos a pé máis cómodos e seguros

18/03/2024 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra supervisa as obras de mellora do camiño de Reboredo, en Dozón

As obras foron posibles grazas a un investimento de máis 46.000 euros por parte da Xunta

18/03/2024 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 1,9 M€ a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte e o Alto do Faro e na LU-533 ao paso polo concellos de Chantada e do Saviñao

As intervencións levaranse a cabo no treito de 13,5 km da vía CG-2.1 e en algo máis de 4,4 km da LU-533, desde o núcleo urbano de Chantada ata Escairón

17/03/2024 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/03/2024 | 10:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos no concello de Viveiro

Os traballos estanse a desenvolver nos ríos Landro, Loureiro e un innominado, nos seus percorridos por distintas parroquias do municipio