Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada PO-254 nos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario, cun investimento de máis de 1,4 M€
Os traballos previstos neste contrato contan cun prazo de execución de 4 meses
Campo Lameiro repavimenta o camiño de San Isidro grazas a un convenio coa Xunta
O delegado territorial visitou o resultado da obra e lembrou a importancia de escoitar aos alcaldes e alcaldesas para coñecer as necesidades de todos os galegos
A Xunta licita as obras dunha nova senda peonil en Budiño, no concello do Porriño, que empezará a construírse no verán cun investimento de máis de 250.000 euros
Martínez Allegue concreta que se prevén comezar as obras da senda en agosto e que poida estar á disposición dos veciños de Budiño na primavera de 2025
A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria da PO-531 en Campañó, no concello de Pontevedra, que suporá un investimento de preto de 975.000 €
Esta actuación contribuirá á mellora de seguridade, especialmente para os peóns, no tramo entre a PO-310 e a vía de alta capacidade VG-4.8
A Xunta iniciará este verán as obras de construción ou rehabilitación de preto de 400 vivendas de promoción pública en distintos concellos galegos
Martínez Allegue subliña o impulso destas vivendas de promoción pública nos municipios de Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Mondoñedo e Viveiro, entre outros
A Xunta recibe 8 ofertas para executar as obras que completan a mellora da PO-234 entre Cerdedo–Cotobade e Ponte Caldelas
As intervencións, licitadas por máis de 1 M€, centraranse no tramo da vía entre Laxoso e o cruce do Portasouto, incluíndo a mellora dos itinerarios peonís, da calzada e dos seus elementos para reforzar a seguridade viaria
A Xunta licita por máis de 2 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo
A Xunta inicia a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte de Lemos e o alto do faro e na LU-533 ao paso por Chantada e O Saviñao
As intervencións supoñen un investimento autonómico de máis de 2 millóns de euros e están a comezar por un treito de 13,5 quilómetros da vía CG-2.1, no concello de Chantada
A Xunta sinala como obxectivo central e prioritario da lexislatura chegar a poñer á disposición dos cidadáns 8.000 vivendas de promoción pública para duplicar o parque actual
Martínez Allegue tamén remarca o obxectivo da Xunta de impulsar o desenvolvemento de solo residencial para 20.000 inmobles protexidos