Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.484 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

30/04/2024 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía a colaboración co Consello da Avogacía Galega para a prestación de asesoramento, intermediación e orientación xurídica en materia de vivenda

O acordo de cooperación inclúe como novidade un servizo de intermediación entre as persoas en situación de vulnerabilidade económica que están en risco de perder a súa vivenda habitual e grandes tenedores

29/04/2024 | 15:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de reforzo dun noiro na estrada AC-550 no Lugar de Abuín, en Porto do Son

Actuouse entre a vía autonómica e o seu entronque co camiño municipal desta parroquia de San Pedro de Baroña e supuxo un investimento de 43.000 euros

29/04/2024 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na Avenida de Zamora, no Concello de Ourense

As intervencións supoñen un investimento autonómico de case 50.000 € e están a comezar á altura do número 143 desta avenida integrada na trama urbana, para desenvolverse ao longo dunha lonxitude duns 270 metros

29/04/2024 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/04/2024 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,2 M€ as obras de mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso polos concellos de Monterroso, Taboada e Palas de Rei

Intervirase ao longo dos arredor de 20 km de lonxitude que suman as dúas estradas que conforman o eixe de comunicación destes tres municipios, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento

26/04/2024 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 2,7 M€ a execución das obras do novo centro de saúde de Abegondo

O novo equipamento sanitario permitirá a renovación dunha infraestrutura que ten xa máis de 35 anos e favorecerá unha atención máis integral a case 5.000 pacientes

26/04/2024 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de construción dunha glorieta na estrada AC-418 ao paso polo concello de Malpica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados desta actuación de mellora da seguridade viaria, que suporá un investimento de 325.000 euros