Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 349 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

25/05/2023 | 18:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta asina a constitución do consorcio europeo de goberno intelixente ‘Govtech4all’ xunto con outros 21 organismos de 15 países

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, o concello de Madrid e a Deputación Foral de Biscaia son os catro integrantes españois deste consorcio

25/05/2023 | 12:54 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta analiza as consecuencias xurídico-administrativas da pandemia co obxecto de mellorar a resposta a futuras crises

A Escola Galega de Administración Pública inicia un curso monográfico de dous días no que aborda as diferentes medidas adoptadas para afrontar a situación de emerxencia ocasionada polo gromo epidémico da COVID-19

24/05/2023 | 16:10 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Vodafone España e a Xunta dan a coñecer os gañadores do “Superreto Digicraft” de Galicia

Nesta final autonómica presentáronse os proxectos finalistas do concurso SuperReto DigiCraft, no que participan os centros educativos rexistrados no programa ‘DigiCraft no teu cole’ de Galicia

22/05/2023 | 16:56 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,40 días en marzo, case 20 días por debaixo da media de comunidades autónomas

22/05/2023 | 11:57 | C. de Facenda e Administración Pública

Os cidadáns galegos contan desde hoxe cun novo servizo para confeccionar a autoliquidación do modelo 620

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) ofrece aos particulares que compren un vehículo de segunda man a realización da autoliquidación do Imposto pola transmisión onerosa de medios de transporte usados (modelo 620)

21/05/2023 | 10:03 | C. de Facenda e Administración Pública

O Nodo CIBER.gal leva a Ourense a xornada “Ciberseguridade en Galicia: perspectiva e visión de futuro” o vindeiro 13 de xuño

O obxectivo da xornada é fomentar a creación de talento especializado, trasladar as oportunidades reais que supón especializarse neste eido e dar a coñecer de primeira man o día a día dun profesional dedicado á materia

17/05/2023 | 00:01 | C. de Facenda e Administración Pública
16/05/2023 | 09:46 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 8.700 aspirantes examinaranse o vindeiro 2 de xullo para 102 prazas do corpo administrativo xeral

O DOG publica hoxe a resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición

14/05/2023 | 09:30 | C. de Facenda e Administración Pública

O nodo de intelixencia artificial crea áreas de traballo específicas para coordinar os recursos de Galicia nesta tecnoloxía

A Comisión de Seguimento do nodo galicIA reuniuse esta semana para aprobar o seu modelo operativo e consolidarse como organismo de referencia na intelixencia artificial en Galicia

13/05/2023 | 10:02 | C. de Facenda e Administración Pública

O sector tecnolóxico galego supera a cifra das 3.000 empresas e crea máis de 1.000 novos postos de traballo no último ano

O emprego no sector TIC en Galicia medrou un 5,1 % no último ano, acadando os 21.803 traballadores en 2022