Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 349 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

20/08/2023 | 11:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta “exporta” a outras comunidades autónomas o seu sistema informático para a xestión das axudas da Política Agraria Común

O código desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é usado xa en Madrid e Baleares o foi compartido con outras catro Comunidades Autónomas

08/08/2023 | 12:23 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta desenvolve tecnoloxías de intelixencia artificial que podan axudar na actualización do rexistro de viñedos

As tecnoloxías intelixentes facilitarán a localización de parcelas vitícolas que non teñen viñedos

03/08/2023 | 15:15 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta autoriza a contratación das obras do Centro de ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, cun investimento de máis de 6 M€

Resalta que o obxectivo é “fortalecer a ciberseguridade na administración pública, a cidadanía e as empresas” e “promover o desenvolvemento de proxectos innovadores e de I+D neste eido”

03/08/2023 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

O Goberno galego aproba o I Plan de Igualdade da Administración autonómica

Rueda resalta que o Plan contará con 74 medidas en oito eixos estratéxicos centrados en promover a conciliación, impulsar a formación neste eido ou garantír a igualdade no acceso e promoción de emprego público

31/07/2023 | 14:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta adxudicou xa o 70% dos fondos Next Generation orzamentados para 2023

A execución destes fondos no ano 2021 viuse afectada polo feito de que Galicia recibiu máis do 70% deses recursos nos últimos meses do ano

28/07/2023 | 13:28 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP convocou 735 actividades formativas entre xaneiro e xullo

O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu hoxe o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde se avaliaron as actividades levadas a cabo durante 2023 e a formación prevista para o segundo semestre

28/07/2023 | 13:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A porcentaxe de fogares galegos con internet volveu a crecer en 2022 ata alcanzar o 92,7%

A velocidade de conexión supera os 100 Mbps no 45,4% dos fogares galegos con internet, o que significou un aumento do 51,3% no último ano.

24/07/2023 | 15:56 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de maio como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 11,14 días, doce días por debaixo da media autonómica

18/07/2023 | 11:44 | C. de Facenda e Administración Pública

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a segunda convocatoria dos bonos dixitais para facilitar a contratación de banda larga a persoas vulnerables

Permitirán contratar ou mellorar a conexión a banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps durante un ano

16/07/2023 | 17:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta amplía a través da EGAP a súa oferta formativa nas materias propias de economía pública

Esta iniciativa ten como finalidade achegar unha formación especializada ao persoal das administracións galegas co obxectivo de mellorar os servizos que se ofrecen á cidadanía