Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 349 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

15/09/2023 | 13:05 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Julián Cerviño defende o papel da Xunta na especialización de Galicia no desenvolvemento dunha intelixencia artificial humanista

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou, está mañá, nunha mesa redonda sobre os “desafíos e oportunidades na transformación dixital”, con motivo do 50º aniversario da tecnolóxica Seresco na nosa Comunidade

15/09/2023 | 12:16 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta abre a consulta pública da futura lei de intelixencia artificial de Galicia

A futura norma busca, entre outros aspectos, crear un marco legal uniforme para o deseño, adquisición, implementación e uso de sistemas de IA na Administración xeral e do sector público autonómico, en liña cos valores e o marco normativo establecido polas institucións europeas.

14/09/2023 | 12:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca o papel do tecido empresarial e financeiro para impulsar o progreso económico e social de Galicia

Resalta a súa contribución na consolidación dunha Galicia potente que atrae investimentos estratéxicos

12/09/2023 | 14:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza a formación en competencias dixitais dos empregados públicos

O Curso superior de Administración electrónica, promovido pola Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, formará a 70 persoas sobre o desenvolvemento normativo que regula a administración dixital e as súas ferramentas

11/09/2023 | 15:02 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 11,49 días, dez días por debaixo da media autonómica, que foi de 21,73 días

09/09/2023 | 11:40 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 300 rapaces e rapazas participaron no programa de obradoiros de verán “Girl STEAM” para fomentar as vocacións TIC

A iniciativa, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, rematou esta semana tras celebrar 14 obradoiros na Rede CeMIT e dúas xornadas para incentivar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM

08/09/2023 | 10:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta amplía a identificación electrónica co sistema clave, aberto á cidadanía da UE

As persoas usuarias da administración autonómica dixital poden optar para identificarse entre os sistemas Chave 365, DNI electrónico, certificado electrónico, Cl@ve pin ou Cl@ve permanente

28/08/2023 | 11:18 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Medio Rural

A Xunta pon a disposición do sector forestal unha ferramenta gratuíta para facilitar a trazabilidade dos produtos da madeira con tecnoloxía Blockchain

FORTRA permite acompañar aos produtos da madeira dunha etiqueta cun código con información que vai dende a localización concreta da árbore de orixe, especie, aproveitamento, CO2 absorbido ou operacións de procesado

25/08/2023 | 11:11 | C. de Facenda e Administración Pública

A economía galega medrou un 1,5 % no segundo trimestre de 2023

O PIB galego creceu un 0,1 % en relación ao primeiro trimestre do ano

21/08/2023 | 11:50 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta convoca as axudas para a difusión e fomento do uso do software e o hardware libre en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 60.000 euros, dirixida ás asociacións galegas de persoas usuarias de software libre