Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 349 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

04/10/2023 | 13:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aforrará aos galegos preto de 1.300M€ nesta lexislatura coas rebaixas de impostos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos explicou hoxe que a Xunta ten un modelo de rebaixas fiscais xa consolidado en máis dunha década cunha senda propia que se reforza ano a ano en cada orzamento

04/10/2023 | 11:57 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria

A Xunta propón a Manuel Pérez Álvarez como presidente do Consello Económico e Social de Galicia

Despois de trasladarlle esta proposta a todas as organizacións sindicais e empresarios e ao resto de asociacións e entidades representadas no pleno do organismo consultivo, o nomeamento corresponde ao presidente da Xunta, tras a comparecencia do candidato no Parlamento

03/10/2023 | 17:52 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 140 persoas participaron este verán na iniciativa de capacitación dixital da Cruz Vermella e a axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia

O “Enredando Tour” percorreu 20 localidades das catro provincias con obradoiros sobre competencias dixitais básicas
 

03/10/2023 | 12:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública
02/10/2023 | 15:54 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de xullo como a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 12,49 días, trece días por debaixo da media autonómica, que foi de 25,59 días

29/09/2023 | 14:28 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria
29/09/2023 | 12:54 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta destaca a importancia de que se cumpran os prazos para a dotación de internet de altas prestacións ao rural galego

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participou en Fisterra na presentación da tecnoloxía 50G-PON por parte da empresa galega Rede Aberta

29/09/2023 | 12:20 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 9.000 persoas están chamadas a participar esta fin de semana nos procesos selectivos para 208 prazas de estabilización

Estes procesos derivan da Lei 20/21 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e realizaranse a través do sistema de concurso-oposición

29/09/2023 | 11:47 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia reduciu a súa débeda ata o 16,7% do PIB no segundo trimestre, a niveis do ano 2012

A ratio débeda/PIB de Galicia é sete décimas inferior á rexistrada no trimestre anterior

28/09/2023 | 14:41 | C. de Facenda e Administración Pública

Os bonos dixitais para colectivos vulnerables do programa estatal Único pódense solicitar ata o 15 de novembro

As familias beneficiarias recibirán unha axuda mensual de ata 20 euros durante 12 meses para contratar ou mellorar servizos de conexión a internet con banda larga