Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 349 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

22/07/2024 | 16:14 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia paga aos seus provedores 17 días antes que a media das comunidades autónomas

O período medio de pago de Galicia no mes de maio situouse en 13,69 días, máis de 16 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal

22/07/2024 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta unificará nun único espazo dixital toda a información das xestions da cidadanía coa administración

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que este servizo estará operativo “no segundo semestre de 2025”

22/07/2024 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

O importe adxudicado dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia pola Xunta supera os 1.000 M€, case o 90 % do publicado

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que ademais Galicia “é a comunidade con maior tasa de resolución” dos fondos europeos, segundo datos do Ministerio de Economía

21/07/2024 | 11:13 | C. de Facenda e Administración Pública

O Gaiástech abre o prazo para inscribirse nunha xornada de mentorización sobre as saídas laborais dos estudos STEAM

O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, celebrarase o 27 de setembro

19/07/2024 | 14:09 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
19/07/2024 | 11:57 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca a recuperación do Teatro Cine Fraga como símbolo da aposta da Xunta pola preservación da riqueza cultural viguesa

Asegura que a recuperación do inmoble supón “cumprir un compromiso” coa cidade, revitalizando un “espazo cultural pioneiro”

18/07/2024 | 12:22 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta destina preto de 100.000 euros á renovación e mellora dos equipamentos culturais de 7 concellos da provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que na liña de axudas para equipamento e mellora de instalacións culturais, na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Entrimo, os concellos de Taboadela, O Carballiño, Bande, Cartelle, Baños de Molgas e A Pobra de Trives

18/07/2024 | 10:16 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e universitarios séniors colaboran para formar a persoas maiores no uso da Banca dixital

O proxecto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, proporciona capacitación sobre os usos máis frecuentes da banca electrónica sobre todo nos ámbitos rurais

16/07/2024 | 19:20 | C. de Facenda e Administración Pública
16/07/2024 | 16:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta garante que os orzamentos de 2025 permitirán cumprir cos retos que demandan os cidadáns malia a decepción polo resultado do CPFF

O conselleiro de Facenda e Administración Pública incide na falta de certezas para establecer os plans financeiros das comunidades