Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

31/03/2023 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da Oficina Galicia Empresa no acompañamento para a tramitación de iniciativas empresariais

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o secretario xeral técnico da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, Pablo Casal, participaron esta mañá en Vigo no I Ciclo de Xornadas de Dinamización Empresarial

31/03/2023 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no Polo Aeroespacial de Galicia e impulsará a compra privada de innovación na que pemes e centros tecnolóxicos galegos darán resposta aos retos de empresas tractoras do sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nun encontro en Madrid no que se presentaron os programas de I+D dos novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia: Airbus, Avincis e Telespazio

30/03/2023 | 16:38 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias reclama ao Goberno avances nas grandes infraestruturas para reforzar o potencial loxístico de Vigo e a súa área e captar novos investimentos

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves no foro “Os retos da economía de Vigo e o seu hinterland” organizado por Logidigal

30/03/2023 | 16:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta que o recoñecemento europeo aos hubs de innovación dixital estratéxicos de Galicia facilitará a transformación das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou a contribución destes instrumentos á internacionalización da I+D+i galega e ao acceso do tecido empresarial a recursos da contorna europea

30/03/2023 | 16:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga polo traballo conxunto e a busca de espazos de encontro para aproveitar as oportunidades da transición ecolóxica e dixital

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron esta mañá no encontro ‘Novos retos para a negociación colectiva’, organizado en Santiago de Compostela por UGT FICA Galicia
 

30/03/2023 | 15:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a celebración en Santiago dos Días Europeos da Artesanía con actividades para todos os públicos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda de Creativas Galegas, onde se organizan talleres de diferentes oficios e os chamados ‘Escaparates viventes’

30/03/2023 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de Pasek pola minería sustentable

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe en Cariño no acto de entrega da certificación UNE de xestión de minería sustentable a esta empresa

30/03/2023 | 12:55 | C. de Economía e Industria

Luis López destaca o impulso do deporte base, a inclusión, o emprendemento, a cultura e as accións veciñais cos 3 M€ do Plan Social de ENCE

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra presentou hoxe esta iniciativa social xunto ao director territorial de ENCE en Galicia, Antonio Casal, no edificio administrativo de Benito Corbal

29/03/2023 | 16:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria
29/03/2023 | 15:46 | C. de Economía e Industria

A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde celebra o seu primeiro pleno co foco posto na conexión coa meseta

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá nesta reunión na que se constituíron comités executivos que se encargarán de avanzar nos distintos retos: proxectos e infraestruturas, formación e innovación, normativa ou capacidades industriais