Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.159 novas da C. de Economía e Industria:

09/04/2023 | 13:00 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o papel da Feira do Viño de Quiroga como un dos reclamos turísticos da Ribeira Sacra

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe o encontro, en cuxa 41ª edición participan 12 adegas

08/04/2023 | 13:00 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca os certames Consumópolis e Galicons-Net para fomentar o consumo responsable a través da innovación educativa

O alumnado que participe en Consumópolis, que este ano se centra no uso das novas tecnoloxías, poderá optar a tres galardóns de 1000, 600 e 300 euros por cada categoría e os equipos gañadores representarán a Galicia na fase estatal

05/04/2023 | 19:31 | C. de Economía e Industria

Trenor destaca o papel da Mostra do Encaixe de Camariñas como plataforma de divulgación e de renovación do oficio

A Xunta colabora habitualmente neste encontro que está consolidado como un im-portante escaparate da marca Artesanía de Galicia e un dinamizador económico da zona e do sector artesán galego

05/04/2023 | 18:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa colaboración para impulsar a competitividade industrial de Navantia na ría de Ferrol

Avoga por manter un diálogo aberto e construtivo entre todas as partes implicadas na busca de solucións que garantan o futuro do estaleiro e, por extensión, de toda a comarca de Ferrolterra

04/04/2023 | 18:49 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta avalía con Fujitsu o novo computador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión técnica con representantes de Fujitsu España

04/04/2023 | 12:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda reafirma o compromiso de Galicia para ser protagonista na produción e subministración de enerxía ao resto do mundo

Destaca a importancia do hidroduto que Enagás construirá entre Guitiriz e Zamora e que será unha infraestrutura enerxética vital para conectar a comunidade coa Península e con Europa

04/04/2023 | 11:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta somete a información pública a factoría de pneumáticos que o grupo Sentury prevé construír nas Pontes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio que outorga un prazo de 30 días hábiles para a presentación de alegacións ou observacións

03/04/2023 | 20:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o sector da Coxeración na súa reclamación de contar cun novo marco regulatorio

A pesar de que en setembro de 2022 o Executivo central incluíu a coxeración no sistema de compensación do mecanismo ibérico —tal e como se reclamaba desde Galicia—, o sector pechou o ano cunha redución da produción do 52 por cento con respecto a 2021