Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

04/05/2023 | 14:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta outorga o selo de Mercado Excelente á praza de abastos de Pontedeume

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o mercado eumés

04/05/2023 | 13:57 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Avícola Rías Baixas recibe o certificado de Galicia Calidade para os seus produtos sumándose ás máis de 150 empresas adheridas

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en A Coruña salienta o compromiso de Avícola Rías Baixas coa preservación do medio ambiente

04/05/2023 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor anima os concellos e as asociacións de praceiros da Coruña a solicitar o programa de axudas de 4,6 M€ para potenciar a calidade das prazas de abastos

O delegado apuntou que os apoios para os concellos, que poden alcanzar os 221.000 euros, céntranse na mellora das instalacións, os servizos para a clientela, o equi-pamento comercial e a eficiencia enerxética
 

04/05/2023 | 11:35 | C. de Economía e Industria

Conde apunta que Galicia quere ser un foco de atracción de talento e investimento no ámbito tecnolóxico

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que interveu na Coruña na apertura de Ecosystems 2030, pon como exemplos a Axencia Española de Intelixencia Artificial, o Polo Cuántico e a Cidade das TIC

03/05/2023 | 18:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co empresariado galego as oportunidades que achega a transición ecolóxica para a implantación dun novo modelo industrial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión con representantes da comisión de enerxía da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

03/05/2023 | 15:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia e a Fundación Barrié danlle un novo pulo ao Programa Ignicia coa constitución dun Comité asesor con expertos de prestixio

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na constitución deste órgano consultivo que ten como obxectivo optimizar as actuacións do programa en base ás necesidades do ecosistema de I+D+i

03/05/2023 | 14:55 | C. de Economía e Industria

Trenor anima aos concellos e ás asociacións de praceiros a solicitar o programa de axudas de 4,6 M€ para potenciar a calidade das prazas de abastos

O delegado apuntou que os apoios para os concellos, que poden alcanzar os 221.000 euros, céntranse na mellora das instalacións, os servizos para a clientela, o equipamento comercial e a eficiencia enerxética

03/05/2023 | 13:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia destaca que a BFAuto é unha plataforma capaz de inxectar innovación, tecnoloxía e talento ao sector da automoción en Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá ao lanzamento da sétima edición

02/05/2023 | 20:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia aborda cos axentes económicos e sociais as necesidades enerxéticas dos novos proxectos industriais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UGT e CCOO

02/05/2023 | 15:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con diferentes entidades sociais para impulsar a protección dos consumidores máis vulnerables

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xornada de traballo coas organizacións coas que se impulsarán máis de 50 talleres formativos sobre temáticas como os dereitos das persoas consumidoras e a subministración de enerxía