Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

09/05/2023 | 10:10 | C. de Economía e Industria

Aberto o prazo de adhesión para os establecementos que queiran participar no Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

A terceira edición desta iniciativa mobilizará 8,5 M€ no comercio de proximidade

08/05/2023 | 12:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove o financiamento de pemes e autónomos galegos facilitando o acceso ao crédito de operacións por valor de 60 M€

O director do Igape, Fernando Guldrís, asina un convenio con representantes das sociedades de garantía recíproca (SGR) Afigal, Sogarpo e Iberaval na procura de dotar ao tecido empresarial galego das ferramentas necesarias para reforzar a súa solvencia e que poidan “gañar músculo, manter e xerar emprego, e desenvolver proxectos que contribúan á reactivación económica”

07/05/2023 | 14:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta das pemes por implantar procesos de loxística avanzada para gañar competitividade

O Igape vén de resolver axudas para cinco empresas da provincia que incorporan medidas para axilizar procedementos de produción, almacenamento ou distribución

07/05/2023 | 11:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta explora en Denver novas oportunidades de negocio para o Polo Aeroespacial de Galicia

Participa en Xponential 2023, un dos eventos internacionais de referencia en tecnoloxía de vehículos e sistemas non tripulados, en colaboración co Consorcio Aeronáutico Gallego

06/05/2023 | 21:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o papel do comercio na xeración de novas oportunidades laborais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Carballo na presentación do parque comercial e de ocio A Revolta

06/05/2023 | 14:01 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a capacidade da novela histórica para adentrarse nas raíces da cultura política europea

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do libro ‘El ascenso de Pericles’, da escritora luguesa Olga Romay

05/05/2023 | 13:07 | C. de Economía e Industria

Os establecementos poderán adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta a partir do vindeiro martes

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou diferentes negocios en Santiago con motivo do lanzamento da terceira edición desta iniciativa, que mobilizará 8,5 millóns de euros

04/05/2023 | 16:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Asime colaboran no impulso da cadea de valor industrial da eólica mariña en Galicia

As dúas entidades asinarán un convenio, cun investimento de 62.000 euros, para a realización de actividades de promoción, difusión e divulgación dunha eólica offshore compatible co medio natural e as actividades vinculadas ao mar

04/05/2023 | 15:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A nova Lei de ciencia situará Galicia na vangarda e contribuirá a favorecer a calidade de vida da cidadanía a través da innovación

Rueda subliña que o obxectivo é “mellorar a competitividade” da comunidade en I+D; “facilitar a transformación do coñecemento científico en solucións reais” e “a internacionalizacion do sector”