Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

11/05/2023 | 13:45 | C. de Economía e Industria

O selo de Galicia Calidade certifica xa a aposta pola excelencia dos restaurantes composteláns O Tamboril e O Ferro

Con estas dúas novas incorporacións son xa máis de 30 os establecementos de hostalería que contan coa marca, no conxunto das máis de 150 empresas certificadas

11/05/2023 | 12:44 | C. de Economía e Industria

Galicia presenta na Alemaña o seu potencial como nodo loxístico internacional

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, participa en Múnic no encontro Transport Logistic, a maior feira loxística de Europa

11/05/2023 | 11:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá unha nova liña de financiamento para pemes e autónomos por 60 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe en Santiago de Compostela ao II Encontro trilateral de Galicia, Asturias e Castela e León organizado por APD
 

10/05/2023 | 17:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o seu compromiso co fortalecemento e mellora do turismo termal na cidade de Ourense

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que se busca converter este potencial nunha verdadeira oportunidade para desestacionalizar a demanda e captar máis público

10/05/2023 | 15:36 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Galicia reclama medidas que acheguen viabilidade e competitividade á industria galega vinculada á coxeración, da que dependen máis de 20.000 empregos

Rueda asegura que está en xogo o futuro de máis 80 empresas estratéxicas para a Comunidade que representan o 25 % do PIB industrial

09/05/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda considera urxente “desatascar” a chegada dos fondos europeos a Galicia para impulsar e renovar o tecido produtivo galego

Insiste en que o Goberno central debe darlle pulo ao Corredor Atlántico Noroeste para garantir a competitividade das empresas da comunidade
 

09/05/2023 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Gabriel Alén informa da apertura do prazo para adhesión dos establecementos ao Bono Activa Comercio

O delegado territorial informou que a partir de hoxe os establecementos interesados poden adherirse a unha nova convocatoria do Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

09/05/2023 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor informa que os establecementos poderán adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta a partir de hoxe martes

O delegado da Xunta visitou o establecemento Tulipano Moda con motivo do lanzamento da terceira edición desta iniciativa, que mobilizará 8,5 millóns de euros

09/05/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Martina Aneiros lembra que os establecementos poden adherirse desde hoxe á terceira edición do Bono Activa Comercio da Xunta

A partir do 15 de maio os clientes poderán descargar e utilizar os descontos de 30 euros nos comercios adheridos

09/05/2023 | 12:35 | C. de Economía e Industria

Mañá abre a convocatoria para solicitar as axudas da Xunta de ata 1 M€ por proxecto para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, estivo esta mañá no Porriño nas instalacións da empresa Grupimar, un exemplo de aposta pola redución do consumo enerxético