Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

13/05/2023 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora co concello do Pereiro de Aguiar na mellora dos viais de acceso ao polígono empresarial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co alcalde, Luis Menor

13/05/2023 | 11:09 | C. de Economía e Industria

Máis de 4.000 establecementos sumáronse xa ao Bono Activa Comercio da Xunta, que os clientes poderán utilizar a partir do luns

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Boqueixón (A Coruña) unha librería participante nesta iniciativa, coa que se prevé mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas

12/05/2023 | 14:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Galiciencia contribúe a espertar as vocacións científicas e impulsar o talento das novas xeracións

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas na entrega de premios da maior feira científica de Galicia, coa participación de máis de 4.800 persoas

12/05/2023 | 13:44 | C. de Economía e Industria

Arias informa en Lugo do Bono Activa Comercio, que estará dispoñible para a súa descarga a partir do vindeiro luns

O delegado territorial da Xunta visitou dous establecemento da capital e lembrou que desde o pasado martes poden adherirse os comercios interesados

12/05/2023 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de contar con empresas comprometidas e con capacidade de adaptación como Astilleros Placeres

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a empresa que, tras o incendio sufrido en 2019, ampliou as instalacións apostando pola sustentabilidade e as enerxías renovables

11/05/2023 | 18:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece a Gradiant a súa colaboración no Polo Aeroespacial e na nova estratexia RIS3 e anima a que participe na elaboración da futura Lei de ciencia e innovación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta tarde en Vigo ao Consello Consultivo de Gradiant

11/05/2023 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta somete a información pública o Anteproxecto de lei de recursos naturais

Subliña que o obxectivo é lograr “que os froitos do aproveitamento dos nosos recursos revertan en Galicia”

11/05/2023 | 15:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financiará con 17,3 M€ a actividade investigadora dos grupos científicos máis competitivos do sistema galego de I+D+i

Rueda salienta que se procura impulsar a excelencia e dar estabilidade ao persoal científico que exerce en Galicia

11/05/2023 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Trenor informa que está aberto o prazo para que os establecementos poidan adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta

O delegado da Xunta visitou en Ribeira o establecemento Moda Rovi con motivo do lanzamento da terceira edición desta iniciativa, que mobilizará 8,5 millóns de euros

11/05/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A investigación fronte á covid impulsada desde Lugo permite avanzar no desenvolvemento de sistemas de detección e de fármacos a partir de produtos naturais

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron esta mañá na presentación de dous proxectos apoiados pola Administración autonómica a través do programa Conecta Covid