Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

19/05/2023 | 15:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta activa apoios por 3,8 M€ para continuar avanzando na transformación dixital e sustentable do comercio de proximidade galego

Rueda resalta que nas próximas semanas vaise lanzar un programa de axudas para “impulsar proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable”

19/05/2023 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Futura Lei de recursos naturais impulsada pola Xunta de Galicia inclúe unha ánalise integral dos efectos e medidas de compensación dos proxectos

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe co Comité Executivo de Desenvolvemento Mineiro do Consello Galego de Economía e Competitividade para informar do anteproxecto de lei

18/05/2023 | 14:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda traslada ao sector que a Xunta poñerá en marcha axudas para impulsar a fabricación de compoñentes para enerxías renovables

Salienta o potencial inmenso de Galicia na eólica mariña, enxalza o papel de Ferrol para liderala e garante ao sector que terá un “apoio decidido, absoluto e claro” do Goberno galego

17/05/2023 | 14:02 | C. de Economía e Industria

As pemes galegas poden solicitar ata o 5 de xuño os apoios da Xunta para contratar xestores de internacionalización

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación destina 1,3 millóns de euros a este programa co que se facilita a incorporación ao mercado laboral de profesionais con formación ou experiencia en comercio internacional co obxectivo de apoiar ao tecido empresarial na busca de novos mercados

16/05/2023 | 19:03 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta mobiliza un millón de euros en vendas en día e medio de funcionamento

A iniciativa que botou a andar este luns suma xa preto de 6.000 comercios participantes, nos que se realizaron xa descontos por máis de 200.000 euros

16/05/2023 | 15:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no desenvolvemento da futura Lei de recursos naturais co obxectivo de que naza froito do consenso e a participación

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe co Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade para informar do anteproxecto de lei

15/05/2023 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta ten aberto ata o 29 de maio o prazo para presentar solicitudes á convocatoria de axudas para o fomento da comercialización de artesanía galega

Obradoiros artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións

15/05/2023 | 15:12 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio xa se pode empregar en máis de 1.600 negocios da provincia da Coruña

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou no día no que se activa a iniciativa diferentes comercios participantes, que no conxunto de Galicia suman máis de 4300
 

15/05/2023 | 12:16 | C. de Economía e Industria

Empresas e centros tecnolóxicos do sector aeronáutico e aeroespacial galego reforzan a súa presenza en Estados Unidos

Galicia compartiu en Xponential 2023, evento de referencia celebrado en Denver, os avances en I+D aplicada aos vehículos non tripulados desenvolvidos na comunidade

14/05/2023 | 17:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a singularidade da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a 28ª edición deste evento