Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

15/06/2023 | 18:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta confía en que o proxecto Smartz4milk para modernizar a industria láctea obteña financiamento do Perte agroalimentario

A iniciativa, promovida por Clusaga e a Administración galega, a través da Oficina Next Gen Food Galicia, conta cun orzamento de case 26M€ na procura de transformar o sector lácteo a través da I+D+i e o investimento en activos de protección ao medio ambiente e aforro enerxético

15/06/2023 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O Goberno galego declara a iniciativa de Ence nas Pontes como proxecto industrial estratéxico

Rueda resalta que planta para producir pasta reciclada branqueada “é un proceso innovador” que vai realizarse en Galicia de “forma pioneira a nivel mundial”

15/06/2023 | 14:32 | C. de Economía e Industria

Estudantes do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos gañan o certame de consumo responsable Galicons cun proxecto sobre linguaxe publicitaria

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, visitou hoxe o centro educativo, que realizou co alumnado de educación infantil e primaria un traballo que reflexiona sobre como a publicidade impacta nas vidas dos nenos e nenas

14/06/2023 | 14:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Nigrán a contribución do sector aeroespacial á transformación industrial de Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), participou na inauguración da nave de UARX Space en Porto do Molle

14/06/2023 | 14:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no Fondo de Transición Xusta para impulsar proxectos tractores nos que participen as pemes galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, e a secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participaron no Comité de Política Industrial que avalía, entre outras cuestións, a situación deste Fondo que suma 111 millóns de euros en Galicia e que ten previsto, nos vindeiros meses, a activación de distintas liñas

13/06/2023 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en San Cibrao das Viñas a aposta das pemes galegas por impulsar a súa transformación industrial a través de proxectos de dixitalización

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita as instalacións de Lacados Digoín, empresa especializada en lacados e recubrimentos especiais que ten impulsado un sistema modulable de tratamento e pintura co apoio do programa de dixitalización Industria 4.0 promovido pola Administración autonómica

13/06/2023 | 14:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a inscrición para os cursos especializados do encontro Corazón da Artesanía en Agolada

A Fundación Artesanía de Galicia organiza oito actividades formativas centradas na cestería, no tecido, no coiro, na estampaxe téxtil, na marquetería, no debuxo e máis un obradoiro práctico sobre decoración de mesas

12/06/2023 | 15:40 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Estudantes do IES Catabois de Ferrol gañan o certame de consumo responsable Galicons cun proxecto sobre linguaxe publicitaria

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o centro educativo, que realizou co alumnado da ESO un traballo no que reflexionan sobre a influencia da publicidade nos máis novos

12/06/2023 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia pon en marcha o plan de inspección de seguridade industrial co que se realizarán máis de 1400 controis

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as actuacións coas que se comprobará a adecuación dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade industrial e normativas que lle sexan aplicables

11/06/2023 | 11:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co Comité Executivo de Enerxía a situación dos nós de transición xusta

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta semana á reunión deste órgano dependente do Consello Galego de Economía e Competitividade