Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

20/06/2023 | 15:09 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia a estudantes do IES Coruxo, do CPR Plurilingüe Barreiro e do IES San Tomé de Freixeiro de Vigo no certame Consumópolis

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe os centros educativos galardoados nesta iniciativa mediante a cal se impulsa o consumo responsable nos máis novos

20/06/2023 | 14:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avoga por unha política económica que priorice a axilidade administrativa, a industria e o apoio a pemes e autónomos

Na súa primeira intervención tras o seu nomeamento como conselleira de Economía, Industria e Innovación, na inauguración da feira Mindtech, Lorenzana avanzou que estas van ser as liñas mestras da consellería

20/06/2023 | 13:58 | C. de Economía e Industria; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Estudantes do IES Luis Seoane de Pontevedra gañan o certame de consumo responsable Galicons cun proxecto sobre linguaxe publicitaria

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o centro educativo, que realizou co alumnado de bacharelato un traballo que reflexiona sobre como a publicidade impacta na vida dos adolescentes e na súa contorna

20/06/2023 | 13:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda salienta o interese de Galicia en reforzar as relacións co Xapón, en especial nos sectores da automoción, do turismo e das enerxías renovables

No último quinquenio as exportacións galegas ao país nipón medraron un 82 %, concentrándose nos sectores do automóbil e de produtos pesqueiros
 

19/06/2023 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Fundación Barrié poñen o foco na transferencia dos resultados da investigación ao tecido produtivo e ao mercado

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias, participaron hoxe na Coruña na primeira sesión presencial do Comité asesor do programa Ignicia

17/06/2023 | 10:06 | C. de Economía e Industria

A Materioteca de Galicia celebrará en Ferrol unha xornada sobre innovación na valorización dos residuos plásticos

O encontro terá lugar o vindeiro xoves, 22 de xuño, no CIS Tecnoloxía e Deseño e contará con destacados expertos na materia

16/06/2023 | 21:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta traballa para construír a Galicia industrial do 2030: máis competitiva, sustentable e innovadora

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, asistiu hoxe na Coruña á entrega do V Premio Galicia de Industria

16/06/2023 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia en Ponteceso a incorporación das técnicas da elaboración de redes no deseño de complementos para mascotas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, e mais a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá en Corme o desenvolvemento dun curso de formación para redeiras

16/06/2023 | 13:04 | C. de Economía e Industria

Os produtos Galicia Calidade contarán cunha etiquetaxe especial nos establecementos de Vegalsa-Eroski en Galicia

Máis de 130 supermercados participan nesta acción que tamén ofertará promocións da marca de garantía

16/06/2023 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia das renovables para a implantación de futuros proxectos na comunidade

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe en Madrid na 4ª reunión ‘Spertus. Transición enerxética e competitividade industrial’