Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.161 novas da C. de Economía e Industria:

15/07/2023 | 19:32 | C. de Economía e Industria

Lorenzana asiste en Portamérica ao showcooking de Yayo Daporta en colaboración con Galicia Calidade

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, destacou esta iniciativa que permite achegar a calidade, excelencia e posibilidades dos produtos galegos a todos os asistentes ao festival

15/07/2023 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia do oficio tradicional da carpintería de ribeira como piar do patrimonio marítimo galego

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron na presentación da próxima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará en Sada entre os días 3 e 6 de agosto

14/07/2023 | 17:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a divulgación dos oficios artesanais na XIX Feira Outrora de Bóveda

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a localidade de Rubián, onde durante toda a xornada se celebran catro obradoiros abertos ao público de iniciación á encadernación, ao gravado, á cerámica de torno e á pintura sobre madeira

14/07/2023 | 14:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta enxalza un Parque Tecnolóxico de Galicia que será máis sustentable, dixitalizado e aberto á cidadanía no horizonte do 2025

Esta mañá informouse do Plan Estratéxico desta entidade que contempla a creación de novos espazos, o impulso de proxectos innovadores, a creación dunha comunidade enerxética e do Centro de Ciberseguridade de Galicia, entre outros

14/07/2023 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa os negocios focenses coa campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu onte ao sorteo final da iniciativa, que se desenvolveu en colaboración coa Federación Galega de Comercio e o centro comercial aberto da localidade

14/07/2023 | 10:20 | C. de Economía e Industria

Aberto o prazo de solicitude para que administracións e entidades poidan acceder a axudas dirixidas á instalación de enerxías renovables térmicas

Apóianse proxectos de biomasa, xeotermia, hidrotermia, aerotermia e solar térmica con 2,3 millóns de euros

13/07/2023 | 19:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Viveiro a aposta pola transformación dixital do comercio de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación da nova APP de fidelización de clientes do Centro Comercial Histórico da localidade, que conta co apoio da Administración autonómica

13/07/2023 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os programas InnovaPeme e DeseñaPeme para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas

Hoxe celebrouse en Ribadeo unha xornada informativa destas liñas de axuda coa colaboración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)

13/07/2023 | 14:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria para participar no III Foro Profesional de Instrumentos Musicais de Tui Resonancias 23

O encontro celebrarase os días 2 e 3 de agosto no marco da XVII edición do festival Música no Claustro e estará centrado na construción artesanal de instrumentos musicais, con especial atención ao emprego de madeiras galegas nestes oficios